Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CONVOCATORIA DE PROPOSTAS — EACEA/11/13 Programa «A xuventude en acción»
Acción 4.5 — Promoción de actividades de información para a mocidade e ás persoas que traballan no eido da mocidade e en organizacións xuvenís.
(2013/C 85/08)

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Estimular a participación dos mozos e mozas na vida pública e en facilitar a realización do seu potencial como cidadáns europeos activos e responsables.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover proxectos que fomenten accións de información e comunicación no eido europeo destinadas a mozos e mozas e líderes xuvenís, no marco do Ano Europeo dos Cidadáns e ante a perspectiva das eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

Eidos de actuación

Actividades sen fins de lucro relacionadas coa xuventude e a educación no formal.

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro, que poderán ser organizacións no gobernamentais (ONG), organismos públicos de ámbito rexional ou local, o Consellos da Xuventude nacionais. Exclúense as organizacións xuvenís afiliadas a movementos políticos.

Financiamento

A axuda financeira da Axencia no poderá exceder do 80 % do total dos custes subvencionables do proxecto. A convocatoria subvencionará como máximo un proxecto de cada Estado membro, co límite de 120.000 € para España.

Orzamento total da convocatoria

2.040.000 €

Duración do proxecto

A data de inicio dos proxectos deberá estar comprendida entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2013, debendo ter unha duración mínima de 9 meses, e máxima de 15 meses.

Data de publicación

23/03/2013

Data límite de solicitude

27/06/2013

Documentación

Contacto

eacea-p6@ec.europa.eu
Axencia Executiva no Eido Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA)
Unidade P6
Convocatoria de propostas EACEA/11/13– Acción 4.5
Avenue du Bourget, 1 (BOUR 04/29)
B-1140 Bruxelas

Procuras de Socios

Procura de socios para participar no curso de capacitación “Eco Startup” organizado por Earth Plan Association (NGO Eplan)
Programa A Xuventude en Acción (2007-2013).

Mozos traballando polo futuro. YOUNG4FUTURE

Comentarios

O formulario electrónico de solicitude deberá enviarse, debidamente completado, antes das 12.00h. (CET) do 27/06/2013. Tamén deberá remitirse unha versión impresa da solicitude ao seguinte enderezo:
Axencia Executiva no Eido Educativo, Audiovisual e Cultural
Programa «A xuventude en Acción» — EACEA/11/13
BOUR 4/29
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante