Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Terceiro Programa de Acción Comunitaria no eido da saúde (2014-2020) - HP-PJ-2016

Programa

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Obxectivo xeral

Complementar, apoiar e engadir valor ás políticas dos Estados Membros destinadas a mellorar a saúde dos cidadanos da Unión e a reducir as desigualdades neste eido promovendo a saúde, a innovación relacionada con ela, aumentando a sustentabilidade dos sistemas de saúde e protexendo ós cidadanos da Unión de ameazas transfronteirizas serias.

Obxectivo específico da convocatoria

1.Identificar, expandir e promover respostas e boas prácticas para promocionar a saúde e as medidas de prevención de enfermedades, facendo fincapé particularmente nos factores de risco que sexan claves no estilo de vida dos cidadáns e cidadás e que aporten valor engadido á Unión.


2.Identificar e desenvolver propostas coherentes e promover a súa implementación para estar mellor preparados e coordinados en emerxencias sanitarias.


3.Identificar e desenvolver ferramentas e mecanismos a nivel comunitario para encarar a falta ou escasez de recursos, humanos e financeiros, e para facilitar a resposta voluntaria de innovación nas estratexias de intervención e prevención na saúde pública.


4.Mellorar o acceso ó coñecemento médico e á información sobre enfermedades específicas máis aló das fronteiras nacionais, facilitar a aplicación dos resultados da investigación e desenvolver ferramentas para mellorar a calidade do sistema de saúde e a seguridade dos pacientes a través de, entre outras cousas, acción que contribúan a mellorar os coñecementos sanitarios.

Eidos de actuación

1.Saúde dos migrantes: boas prácticas na oferta de coidados sanitarios para ós migrantes máis vulnerables e para os refuxiados.


2.Reunir coñecementos e intercambiar boas prácticas respecto de medidas que poidan reducir o alcoolismo xuvenil e o consumo episódico de alcool en grandes cantidades.


3.Reunir coñecementos e intercambiar boas prácticas respecto de medidas para previr o uso ilícito de medicamentos, en liña cos standards mínimos de calidade para reducir a demanda dos mesmos.


4.Apoiar ós Estados Membros e ós interesados a encarar o desafío que supoñen as enfermedades crónicas.


5.Protección e selección de donantes.

Destinatarios

Os destinatarios deben ser entidades legalmente establecidas, autoridades públicas e corpos do sector público, particularmente institucións de investigación ou relacionadas co eido da saúde, universidades e centros de educación superior dos seguintes países:


-Estados Membros da UE.


-Islandia.


-Noruega.


-Países que teñan un acordo bilateral coa UE segundo o establecido no artigo 6 do Reglamento 282/2014.

Socios

Os proxectos deben abranguir, polo menos, a entidades de tres países participantes no Programa de Saúde e ser independentes unhas doutras.

Financiamento

O 60% dos custes, puidendo ascender ó 80% en casos de excepcional utilidade.

Orzamento total da convocatoria

9.35 millóns de euros.

Duración do proxecto

36 meses como máximo.

Data de publicación

04/03/2016

Data límite de solicitude

02/06/2016

Documentación

Contacto

Para problemas coas ferramentas online para o envío de solicitudes: http://ec.europa.eu/research/index.cfm?pg=enquiries


Para outros problemas: +352 4301 37707,
e-mail: CHAFEA-HP-CALLS@ec.europa.eu
días laborables 9.30–12.00 and 14.00–17.00.


Preguntas frecuentes:
http://ec.europa.eu/chafea/health/faq.html

Procuras de Socios

”Apoio aos Estados Membros para integrar a promoción da saúde e a prevención de enfermidades nas contornas sanitarias e educativas”/ Rexión de Molise (Italia)

O obxectivo principal do proxecto é garantir a plena inclusión dos alumnos con discapacidade intelectual a través da actividade motora e deportiva, potenciar nos mozos as competencias cognitivas, informalos e valores, favorecer o éxito formativo e a participación dos mesmos na vida social e laboral.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante