Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Rutas temáticas de patrimonio cultural subacuático - EASME/EMFF/2015/1.2.1.8

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Promover a posta en marcha de rutas temáticas de patrimonio cultural subacuático e a súa conservación, de xeito que contribúan a promover a competitividade do sector turístico costeiro e marítimo e a promover a diversificación da oferta turística.

Esta convocatoria financiará dous ou tres proxectos destinados a concibir, desenvolver, poñer en marcha e promover un produto turístico no ámbito das rutas de patrimonio cultural subacuático nas concas mariñas europeas.

Obxectivo específico da convocatoria

- Apoiar a ampliación da temporada turística e contribuír así a mellorar a competitividade e a capacidade de creación de emprego das pemes.

- Fomentar as sinerxias entre o turismo e as actividades culturais e aumentar o impacto destes na poboación e a economía locais.

- Fomentar a cooperación transnacional entre varios actores no ámbito da oferta turística relativa ao patrimonio cultural subacuático.

- Promover a diversificación da oferta de produtos e servizos turísticos culturais e sostibles en Europa mediante o desenvolvemento de produtos turísticos temáticos de patrimonio cultural subacuático sostibles e transnacionais.

- Reforzar a aceptación comercial e a visibilidade da oferta turística europea sostible e transnacional relacionada co patrimonio cultural subacuático.

- Revalorizar o patrimonio cultural subacuático europeo e o seu potencial para favorecer o crecemento do sector turístico.

- Mellorar a conservación e a promoción do patrimonio cultural subacuático.

- Alentar a promoción das rutas de patrimonio cultural subacuático.

Eidos de actuación

- Creación dun ou varios produtos turísticos adaptados ás rutas de patrimonio cultural subacuático.

- Desenvolver e avaliar unha estratexia a longo prazo para produtos turísticos de patrimonio cultural subacuático autosustentables. Isto inclúe unha estratexia de comunicación e marketing destes produtos turísticos.

- Por en marcha un mecanismo para fomentar unha mellor cooperación entre os distintos actores da oferta turística.

- Crear indicadores específicos e medibles que permitan avaliar e supervisar os resultados do produto, así como medir o impacto nos fluxos turísticos.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas públicas ou privadas e deben traballar nalgún dos seguintes sectores: turismo, asuntos marítimos ou calquera outro sector se a súa relevancia na proposta está debidamente xustificada.

Os solicitantes deben estar establecidos nun Estado membro ou nun Estado que non é membro pero que participa nas estratexias macrorrexionais da UE ou nas estratexias para as concas mariñas.

Socios

O consorcio debe consistir, como mínimo, de tres organizacións, entre os que debe haber:

- Unha peme que traballe no sector turístico.
- Unha entidade pública que traballe no sector do turismo, os asuntos marítimos, o desenvolvemento rexional ou calquera outro sector relevante para o proxecto.

Para ser elixible, cada proposta debe incluír a participación de socios de polo menos dous dos países elixibles. Socios de terceiros países poden tamén participar pero non recibirán financiamento da Unión Europea e non serán tidos en conta para determinar o cumprimento dos requisitos mínimos de tamaño e natureza do consorcio.

Financiamento

A subvención da UE limítase a unha taxa de cofinanciamento máxima do 80% dos custos subvencionables especificados no texto da convocatoria (apartado 11.2)

Orzamento total da convocatoria

195.000 euros (este orzamento podería ser ampliado excepcionalmente ata un 20%)

Duración do proxecto

De 12 a 18 meses

Data de publicación

30/11/2015

Data límite de solicitude

15/03/2016

Documentación

Contacto

Dirección de presentación das propostas
European Commission
EASME
Ref. EASME/EMFF/2015/1.2.1.8
Avenue du Bourget 1
B – 1140 Brussels

Para máis información, enviar un correo electrónico a EASME-EMFFcalls@ec.europa.eu indicando o seguinte asunto: ”Thematic Routes on Underwater Cultural Heritage”

Procuras de Socios

Mediterranean underwater.

Fomentar a cohesión territorial entre España, Francia e Italia a través da protección e promoción dos seus patrimonios arqueolóxicos submarinos .

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante