Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Boas prácticas URBACT

Programa

URBACT III

Obxectivo xeral

O programa URBACT posibilita que as cidades traballen xuntas e desenvolvan solucións integradas para os desafíos urbanos comúns, traballando en rede, extraendo leccións aprendidas entre iguais, e identificando as boas prácticas para mellorar as políticas urbanas. Esta convocatoria invita ás cidades a presentarse coas súas boas prácticas no eido do desenvolvemento urbano sustentable e integrado para ser parte do grupo pioneiro de URBACT Good Practices co gallo de ser promovido por toda a UE e a nivel internacional.; e ser capaz de compartir boas prácticas dentro do marco de Rede de Transferencia (Transfer Network).

Nun contexto no que moitas cidades están tratando de abordar os desafíos crecentes con recursos reducidos, é importante identificar as boas prácticas no eido do desenvolvemento urbano sustentable e integrado e compartilas entre semellantes. Noutras palabras, por que arriscarse a perder prezados recursos intentando buscar a solución para algo, cando pode que outra cidade xa teña dado os pasos para resolver o mesmo problema?

Eidos de actuación

Todas as cidades autoras das boas prácticas seleccionadas serán premiadas co URBACT Good Practice City. Estas serán promovidas entre un amplo abano de audiencias con interese no desenvolvemento urbano sustentable e integrado a través das seguintes actividades:
  • Show-case. Trátase dun evento organizado por URBACT4 no que as cidades elixidas con boas prácticas formarán parte e terán a oportunidade de relacionarse con responsables públicos europeos e doutras cidades. O evento promoverá exemplos de liderar prácticas e informará sobre a vindeira convocatoria de Transfer Networks. 
  • Unha serie de actividades para enxalzar as boas prácticas seleccionadas, como recompilación nunha publicación, presentación nas maiores publicacións de URBACT, difusión a través dunha páxina web, a posibilidade de presentalas nun contexto nacional a través de ferramentas de comunicación audivisuais.
  • Converterse nun defensor do desenvolvemento urbano sustentable e integrador nos eventos e actividades de creación de capacidades (obradoiros, conferencias e proxectos), incluíndo actividades que contribúan ao desenvolvemento da Axenda Urbana da UE.
  • Oportunidade de compartir experiencia dentro do marco de Transfer Network, o que supón unha oportunidade para liderar o proceso de entendemento, adaptación e reempregar as boas prácticas e a posibilidade de mellorar a propia metodoloxía a través de correccións entre semellantes co apoio dun experto de URBACT, entre outras oportunidades.
Faise saber que unha boa práctica enténdese non só como unha práctica boa, senón que teña sido probada a súa funcionalidade, asegurando os resultados previstos, e que se poida recomendar como modelo. 

Destinatarios

Poderán beneficiarse da presente convocatoria as “cidades” e “outras autoridades públicas” procedentes dos 28 Estados membros, Noruega e Suíza, que encaixen na seguinte tipoloxía:
  • Representantes de cidades, municipios e pobos.
  • Representantes de áreas inframunicipais coma os distritos das cidades, ou supramunicipais, coma as áreas metropolitanas, nos que haxa unha institución político-administrativa con competencias no desenvolvemento de políticas públicas  na área que concirne á rede URBACT.
  • Representantes das axencias locais de titularidade pública ou semipública, na que un goberno local teña participación, e que teña capacidade para deseñar políticas públicas.

Orzamento total da convocatoria

Esta convocatoria carece dunha axuda financeira directa. Non obstante, o programa URBACT ten previsto un significante orzamento para as actividades de impulso das boas prácticas seleccionadas, o que quere dicir que os beneficios financeiros son indirectos, xa que as cidades poderanse beneficiar da cobertura de gastos de promoción e participación.

No caso de que URBACT transfira as boas prácticas á Transfer Network, o orzamento destinado estimado oscila entre 600.000 e 750.000€.

Data de publicación

05/12/2016

Data límite de solicitude

31/03/2017

Documentación

Procuras de Socios

Łódź URBACT Good Practice

A cidade polaca de Łódź está levando a cabo un proxecto de renovación do tradicional e céntrico barrio obreiro de Księży Młyn, basado non só na mellora física do barrio senon na dinamización económica e social e na promoción da implicación e participación dos veciños en todo o proceso. Buscan socios para compartir as boas prácticas.

Comentarios

Os solicitantes poderán presentar varios exemplos de boas prácticas. Con todo, as cidades que estean dispostas a cumprir co rol de líder na Transfer Network, deberán encabezar unha soa rede aprobada.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante