Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Propostas para a creación de 20 Action-Planning Networks

Programa

URBACT III

Obxectivo xeral

Tras o éxito dos programas URBACT I e II, desenvolveuse URBACT III (2014-2020) para continuar coa promoción do desenvolvemento urbano integrado e sustentable e do cumprimento da estratexia Europa 2020.

O programa URBACT III organízase ao redor de 4 grandes obxectivos:

Capacidade para a aplicacion de políticas: Mellorar a capacidade das cidades para xestionar políticas urbanas sustentables e boas prácticas dunha maneira integrada e participativa.

Deseño de políticas: Mellorar o deseño de políticas urbanas sustentables e boas practicas.

Implementación de políticas: Mellorar a implementación de políticas de estratexias e accións integradas e sustentables nas cidades.

Xerando e compartindo coñecemento: Garantir que funcionarios e decisores en todos os niveis teñan acceso ao coñecemento e compartan know-how sobre todos os aspectos de desenvolvemento urbano sustentable para mellorar as políticas de desenvolvemento urbano.

Obxectivo específico da convocatoria

O Obxectivo principal dos Action Planning Networks é mellorar a capacidade das cidades para xestionar políticas urbanas sustentables e fortalecer a capacidade de deseñar estratexias integradas para un desenvolvemento urbano.
Os Action Plannings pretenden apoiar un proceso organizado de intercambio e aprendizaxe entre entes urbanos a través de Europa coa visión de mellorar as políticas locais a través de plans de acción concretos.
Participando nestas redes, as cidades intercambian opinións sobre retos específicos de políticas e comparten experiencias, problemas e posibles solucións, xerando así novas ideas centradas en desenvolvemento urbano sustentable

Eidos de actuación

Os plans de acción concretos diríxense a solucionar problemas de políticas concretas expostos a nivel local a través de distintas actuacións

-Fortalecemento da investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico
-Fomentando o acceso e bo uso das TIC
-Mellorar a competitividade das PEMES
-Promover o cambio cara a unha economía baixa en carbono
-Propiciar a adaptación ao cambio climático
-Transporte sustentable e eliminación de pescozos de botella
-Fomentar emprego sustentable
-Investir en educación e formación permanente

Destinatarios

Hai dous tipos principals de beneficiarios:

Beneficiarios principais: Cidades dos 28 Estados membros, Noruega e Suíza que busquen desenvolver estratexias integradas para desenvolvemento urbano sustentable.
Dentro de URBACT III considéranse elegibles: Cidades, municipios e vilas, rangos infra-municipais a nivel estatal e autoridades metropolitanas ou aglomeracións organizadas (se contan con institución político-administrativa)

Outros beneficiarios (non cidades): Axencias locais públicas ou semi-públicas participadas pola autoridade da cidade, autoridades rexionais provinciais e nacionais, universidades ou centros de investigación.

Socios

Poden contarse con socios transnacionais, cunha cidade socia principal e han de desarrollar as suas actividades seguindo os pasos de URBACT III

Financiamento

O custo total elegible para un Action Planning Network debe ser entre 600.000 e 750.000€, calculado con respecto ao número de socios do proxecto e as necesidades identificadas dos propios socios.

Os socios elegibles poderán ser cofinanciados como seguen:

- Ata o 80% do FEDER para os socios das zonas de converxencia.
- Ata o 70% do FEDER para os socios das áreas de Competitividade.
- Ata un 50% as contribucións nacionais para os socios de Noruega e Suíza.


Orzamento total da convocatoria

96,3 millones de euros

Duración do proxecto

Proxecto dividido en duas fases e varias etapas.
A fase 1 acaba en setembro de 2015, a fase 2 comeza en marzo de 2016 e acaba en maio-Xuño 2016

Data de publicación

30/03/2015

Data límite de solicitude

15/06/2015

Documentación

Contacto

URBACT Secrétariat
Laura Caldironi
194 avenue du Président Wilson
FR-93217 - Saint Denis A Plaine
Tel.: 33-01 49 17 46 40
Fax: 33-01 49 17 45 55
l.caldironi@urbact.eu

Ministerio de Economía e Facenda
Subdirección Xeral de Administración do FEDER
Ignacio Enríquez Amilibia
Paseo da Castelá, 162, planta 19, despacho 28
28871 - Madrid
Tel.: 915 83 52 34
Fax: 915 835 272

Procuras de Socios

Emprego e mobilidade laboral

Rituais de máscaras como un factor para o desenvolvemento sostible das cidades

O programa busca:


  • Crear unha rede europea das cidades con rituais de máscaras como factor para o desenvolvemento sostible.


  • Implementar un modelo de desenvolvemento sostible para as cidades e aberto ao mundo e a internacionalización.

Comentarios

O Progrrama Operacional URBACT III (CCI 2014TC16RFIR003) foi adoptado oficialmente o 12 de Decembro de 2014 pola Decisión de Implementación da Comisión C(2014) 9857

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante