Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de proxectos de investigación en Patrimonio Cultural: “Heritage Plus Call”

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

A convocatoria “Heritage Plus Call” foi ideada para xerar coñecementos innovadores e baseados na investigación, col fin de promover un uso e unha xestión sostibles do patrimonio cultural e, á súa vez, facer fronte a retos sociais e contribuír ao desenvolvemento.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria deseñouse para financiar proxectos excelentes de colaboración, transnacionais, interdisciplinares e de I+D que se centren na investigación do patrimonio cultural tanxible, sen excluír aspectos interrelacionados do patrimonio intanxible e dixital.

Eidos de actuación

Proxectos transnacionais e de colaboración en I+D sobre patrimonio cultural. Poden incluír elementos de networking para perseguir os obxectivos de investigación desexados. A convocatoria céntrase en temas específicos relacionados co “desenvolvemento de novas metodoloxías, tecnoloxías e produtos para a avaliación, protección e xestión de artefactos, edificios e lugares históricos e modernos”.

Destinatarios

Países europeos: Bélxica, Chipre, Dinamarca, Francia, Israel, Italia, Lituania, Países Baixos, Noruega, Polonia, Portugal, Romanía, España, Suecia, Reino Unido.

Para ser elexibles para participar na convocatoria, as solicitudes deben conter polo menos un dos temas que se mencionan no documento da solicitude.

Socios

As propostas poden incluír o socios de fóra do sector do patrimonio, pero a súa involucración no proxecto debe estar xustificada, por exemplo, a través da súa experiencia ou o seu potencial para un intercambio ou transferencia de coñecementos e un maior impacto.
Para buscar socios noutros países para esta convocatoria, estableceuse un grupo de correo chamado Heritage Plus para que os investigadores podan subscribirse e enviar/recibir estas notificacións de petición de socios. Para usar o servizo, necesítase subscribirse na sguinte ligazón: http://www.jiscmail.ac.uk/HERITAGEPLUS

Financiamento

Financiaranse proxectos de colaboración transnacional, con carácter multidisciplinario e innovador, para a investigación en xestión e uso sostible do patrimonio cultural material, intanxible e dixital, orientada a resolver os retos sociais. Os temas de investigación nos que se centra a convocatoria extraéronse das áreas identificadas na Axenda Estratéxica de Investigación da Iniciativa de Programación Conxunta en Patrimonio Cultural.

Duración do proxecto

Duración máxima do proxecto: 3 anos (36 meses).

Data de publicación

21/03/2014

Data límite de solicitude

28/04/2014

Documentación

Procuras de Socios

Proxecto de innovación relacionado coa xestión do Patrimonio Cultural e Artístico – (EACEA 32/2017) – Artium, Basque Museum, España

O Artium Museum está interesado nun proxecto de innovación relacionado coa xestión do Patrimonio Cultural e Artístico Europeo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante