Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción clave 1: Graos de máster conxuntos Erasmus Mundus - EAC/A03/2016

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe.

Obxectivo específico da convocatoria

- Fomentar a excelencia, a innovación e a internacionalización das institucións de educación superior.
- Impulsar a atractivo da área Europea de Educación Superior (EHEA) e apoiar a acción exterior no ámbito da educación superior.
- Mellorar o nivel de competencias e habilidades dos estudantes de máster e o seu empregabilidade.

Eidos de actuación

- A posta en marcha de Graos de máster conxuntos Erasmus Mundus correspondentes a 60, 90 ou 120 créditos ECTS, organizados a través dun consorcio internacional de institucións de educación superior, incluíndo a participación de académicos invitados para ensinar, formar e/ou investigar.
- A asignación de bolsas á excelencia aos alumnos de todo o mundo pola súa participación nalgún programa de grao de máster conxunto Erasmus Mundus.

Destinatarios

Calquera institución de educación superior establecida nalgún dos países participantes no programa Erasmus+ poden presentar unha proposta en nome do consorcio que levará a cabo grao de máster conxuntos Erasmus Mundus.
Outras organizacións tales como empresas, institucións públicas, ONGs e centros de investigación poderían participar tamén como socios ou como asociados.

Socios

Cada consorcio debe incluír unha institución de educación superior de polo menos 3 países distintos e poderá incluír outras institucións do mesmo tipo dos países asociados ao programa.

Orzamento total da convocatoria

O programa anual de 2017 para a implementación do Erasmus+ asigna un orzamento de ao redor de 113 millóns de euros e espera seleccionar ao redor de 40 graos de máster conxuntos Erasmus Mundus baixo esta convocatoria de propostas.

Duración do proxecto

Os másteres conxuntos Erasmus Mundus duran entre 12 e 24 meses.

Data de publicación

28/10/2016

Data límite de solicitude

16/02/2017

Documentación

Contacto

Para máis información por favor contacte coa Axencia Europea de Cultura, Educación e Audiovisual (EACEA) a través do seguinte correo electrónico: EACEA-EPLUS-Emjmd@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Coast Line

A escola de Formacion Profesional de Bremen (Alemaña) quere formar parte do programa Erasmus + poñéndose en contacto con outras escolas de FP do Noroeste de España, dadas as similitudes destas dúas rexións en canto á súa actividade industrial e os cambios que esta sufriu nos últimos anos.

Comentarios

A data límite para presentar solicitudes concluirá o 16 de febreiro de 2017 ás 12.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante