Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2016 Programa Erasmus+ - EAC/A04/2015

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Os obxectivos do programa enmárcanse dentro da estratexia ”Europa 2020”, para o crecemento da UE na próxima década e da estratexia ”Educación e Formación 2020” (ET 2020), para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación. En concreto perséguese:

• Lograr un aumento do 32% ao 40% da poboación que conte con titulacións de educación superior.
• Reducir a taxa de abandono escolar do 14% a menos do 10%.
• Lograr que un 15% de adultos (25-64 anos) participe en programas de aprendizaxe ao longo da vida.
• Favorecer a mobilidade durante a aprendizaxe: un incremento do 20% en Educación Superior e un 6% en Formación Profesional inicial

Eidos de actuación

As accións do programa Erasmus+ que abrangue esta convocatoria son:

Acción clave 1 (AC1): Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
- Mobilidade das persoas no eido da educación, a formación e a xuventude
- Titulacións de máster conxuntas Erasmus Mundus
- Eventos a gran escala en relación co Servizo Voluntario Europeo.

Acción clave 2 (AC2): Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas
- Asociacións estratéxicas no eido da educación, a formación e a xuventude;
- Alianzas para o coñecemento;
- Alianzas para as competencias sectoriais;
- Desenvolvemento das capacidades no eido da educación superior;
- Desenvolvemento das capacidades no eido da xuventude.

Acción clave 3 (AC3): Apoio á reforma das políticas
- Diálogo estruturado: Reunións entre mozos e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude.

Actividades Jean Monnet:
- Cátedras Jean Monnet;
- Módulos Jean Monnet;
- Centros de excelencia Jean Monnet;
- Apoio Jean Monnet a institucións e asociacións;
- Redes Jean Monnet;
- Proxectos Jean Monnet.

Deporte:
— Asociacións en colaboración
— Pequenas asociacións en colaboración
— Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro

Destinatarios

Calquera entidade pública ou privada que traballe no eido da educación, a formación, a xuventude e o deporte. Ademais, os grupos de mozos que traballan no sector da xuventude, aínda que non necesariamente no marco dunha organización xuvenil, poderán solicitar financiamento para a mobilidade por motivos de aprendizaxe de mocidade, estudantes ou traballadores, así como para asociacións estratéxicas no eido da xuventude

Os países que poden participar plenamente en todas as accións do programa Erasmus+ son:

- Estados Membros;
- Países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein y Noruega;
- Países candidatos á adhesión á UE: Turquía e a antiga República Iugoslava de Macedonia.

Ademais, algunhas accións do programa Erasmus+ están abertas á organizacións de países asociados.

Financiamento

A contía das becas concedidas varía segundo o tipo de proxecto e o número de socios que participan.

Orzamento total da convocatoria

1871,1 millóns de euros dos cales 1645,6 millóns se destinan a educación e formación, 186,7 millóns a xuventude, 11,4 millóns ás accións Jean Monnet e 27,4 millóns a deporte.

Data límite de solicitude

01/11/2016

Documentación

Procuras de Socios

”Asociación contra a radicalización de mozos” - Francia

Este proxecto busca desenvolver un enfoque global da radicalización violenta na UE para previr a súa aparición e mellorar a protección dos cidadáns.

Intercambio xuvenil Erasmus + - Londres

O intercambio europeo busca unir a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos que veñan de entre 2 e 5 Estados europeos para que experimenten a diversidade do Este de Londres e o impacto do legado olímpico.

Erasmus+ Asociación estratéxica na área da Educación Vocacional– Londres

Búscase unir ás autoridades locais, a entidades expertas en violencia de xénero e a educadores para desenvolver unha nova formación profesional nesta área.

Traballar con cativas e cativos sobre temas de ecoloxía - Polonia

Ensinar ecoloxía a cativas e cativos, compartir información sobre como se fai en cada país e ver cómo inflúe a ensinanza destes contidos no comportamento futuro dos nenos.

Comentarios

Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12.00 horas (hora de Bruxelas)

Acción clave 1
- Mobilidade das persoas no ámbito da xuventude - 2 de febreiro de 2016
- Mobilidade das persoas no ámbito da educación e a formación - 2 de febreiro de 2016
- Mobilidade das persoas no ámbito da xuventude - 26 de abril de 2016
- Mobilidade das persoas no ámbito da xuventude - 4 de outubro de 2016
- Titulacións de máster conxuntas Erasmus Mundus - 18 de febreiro de 2016
- Eventos a gran escala do Servizo Voluntario Europeo - 1 de abril de 2016

Acción clave 2
- Asociacións estratéxicas no ámbito da xuventude - 2 de febreiro de 2016
- Asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a xuventude - 26 de abril de 2016
- Asociacións estratéxicas no ámbito da xuventude - 4 de outubro de 2016
- Alianzas para o coñecemento e alianzas para as competencias sectoriais - 26 de febreiro de 2016
- Desenvolvemento das capacidades no ámbito da educación superior - 10 de febreiro de 2016
- Desenvolvemento das capacidades no ámbito da xuventude - 2 de febreiro de 2016

Acción clave 3
- Reunións entre mozos e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude - 2 de febreiro de 2016, 26 de abril de 2016, 4 de outubro de 2016

Accións Jean Monnet
- Cátedras, módulos, centros de excelencia, apoio a asociacións, redes e proxectos - 25 de febreiro de 2016

Actividades deportivas
- Asociacións en colaboración no ámbito do deporte relacionadas coa Semana Europea do Deporte 2016 unicamente - 21 de xaneiro de 2016
- Asociacións en colaboración no ámbito do deporte relacionadas coa Semana Europea do Deporte 2016 unicamente - 12 de maio de 2016
- Pequenas asociacións en colaboración - 12 de maio de 2016
- Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro relacionados coa Semana Europea do Deporte 2016 unicamente - 21 de xaneiro de 2016
- Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro non relacionados coa Semana Europea do Deporte 2016 - 12 de maio de 2016


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante