Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2015 — EAC/A04/2014 Programa Erasmus+

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Esta convocatoria baséase no Regulamento (UE) nº 1288/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, polo que se crea o programa «Erasmus+» así como o programa de traballo anual de Erasmus+ para 2014 e o programa de traballo anual de Erasmus+ para 2015. O programa Erasmus+ abrangue o período 2014-2020.

O obxectivo xeral é impulsar o desenvolvemento e as perspectivas de emprego dos cidadás; proporcionando a través da UE a educación, as capacidades e a creatividade que se precisa nunha sociedade do coñecemento. A educación, a formación e a aprendizaxe no formal no eido da xuventude son a clave para a creación de emprego e mellora da competitividade de Europa.

Eidos de actuación

As accións do programa Erasmus+ que abrangue esta convocatoria son:

• Acción clave 1 (AC1): Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

o Mobilidade das persoas no eido da educación, a formación e a xuventude;
o Titulacións de máster conxuntas Erasmus Mundus;
o Eventos a gran escala en relación co Servicio Voluntario Europeo.

• Acción clave 2 (AC2): Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

o Asociacións estratéxicas no eido da educación, a formación e a xuventude;
o Alianzas para o coñecemento;
o Alianzas para as competencias sectoriais;
o Desenvolvemento das capacidades no eido da educación superior;
o Desenvolvemento das capacidades no eido da xuventude.

• Acción clave 3 (AC3): Apoio á reforma das políticas

o Diálogo estruturado: Reunións entre mozos e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude.

• Actividades Jean Monnet:

o Cátedras Jean Monnet;
o Módulos Jean Monnet;
o Centros de excelencia Jean Monnet;
o Apoio Jean Monnet a institucións e asociacións;
o Redes Jean Monnet;
o Proxectos Jean Monnet.

• Deporte:

o Asociacións en colaboración no eido do deporte;
o Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro.

Destinatarios

Calquera entidade pública ou privada que traballe no eido da educación, a formación, a xuventude e o deporte. Ademais, os grupos de mozos que traballan no sector da xuventude, aínda que non necesariamente no marco dunha organización xuvenil, poderán solicitar financiamento para a mobilidade por motivos de aprendizaxe de mocidade, estudantes ou traballadores, así como para asociacións estratéxicas no eido da xuventude

Os países que poden participar plenamente en todas as accións do programa Erasmus+ son :

• Estados Membros;
• Países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein y Noruega;
• Países candidatos á adhesión á UE: Turquía e a antiga República Iugoslava de Macedonia.

Ademais, algunhas accións do programa Erasmus+ están abertas á organizacións de países asociados.

Financiamento

A contía das becas concedidas varía segundo o tipo de proxecto e o número de socios que participan.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado a esta convocatoria estimase en 1 736,4 millóns de euros. Estímase que a cada acción se lle outorgue o seguinte orzamento:

• Educación e formación: 1 536,5 millóns de euros;
• Xuventude: 171,7 millóns de euros;
• Jean Monnet: 11,4 millóns de euros;
• Deporte: 16,8 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos varía segundo o tipo de proxecto.

Data de publicación

02/10/2014

Data límite de solicitude

01/10/2015

Documentación

Procuras de Socios

Procura de socios para un proxecto Erasmus+

Procura de socios para proxecto ”Ecodesign Training for Agricultural and Food Industry” (EcoDESforFOOD+) - Erasmus + 2015 acción crave 2 - Cooperation and Innovation for Good Practices, Strategic Partnerships for Vocational Education and Training.

Learning by doing Box-Régie des Ecrivains (Francia)

O proxecto ten como obxectivo desenvolver unha “Learning by doing box” co fin de proporcionar ás empresas os coñecementos técnicos necesarios a través dun dispositivo para poder levar a cabo a formación no traballo.

Comentarios

Todos os prazos de presentación de solicitudes especificados expiran ás 12.00 horas (hora de Bruxelas):

• Acción clave 1:

o Mobilidade das persoas no eido da xuventude: 4 de febreiro de 2015;
o Mobilidade das persoas no eido da educación e a formación: 4 de marzo de 2015;
o Mobilidade das persoas no eido da xuventude: 30 de abril de 2015;
o Mobilidade das persoas no eido da xuventude: 1 de outubro de 2015;
o Titulacións de máster conxuntas Erasmus Mundus: 4 de marzo de 2015;
o Eventos a gran escala do Servizo Voluntario Europeo: 3 de abril de 2015.

• Acción clave 2:

o Asociacións estratéxicas no eido da xuventude: 4 de febreiro de 2015;
o Asociacións estratéxicas no eido da educación, a formación e a xuventude: 30 de abril de 2015;
o Asociacións estratéxicas no eido da xuventude: 1 de outubro de 2015;
o Alianzas para o coñecemento e alianzas para as competencias sectoriais: 26 de febreiro de 2015;
o Desenvolvemento das capacidades no eido da educación superior: 10 de febreiro de 2015;
o Desenvolvemento das capacidades no eido da xuventude: 3 de abril de 2015 / 2 de setembro de 2015

• Acción clave 3:

Reunións entre mozos e responsables da toma de decisións no eido da xuventude: 4 de febreiro de 2015 / 30 de abril de 2015 / 1 de outubro de 2015.

• Accións Jean Monnet:

o Cátedras, módulos, centros de excelencia, apoio a institucións e asociacións, redes e proxectos: 26 de febreiro de 2015.

• Actividades deportivas:

o Asociacións en colaboración no eido do deporte relacionadas coa Semana Europea do Deporte 2015 únicamente: 22 de xaneiro de 2015;
o Asociacións en colaboración no eido do deporte non relacionadas coa Semana Europea do Deporte de 2015: 14 de maio de 2015;
o Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro relacionados coa Semana Europea do Deporte 2015 únicamente: 22 de xaneiro de 2015;
o Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro non relacionados coa Semana Europea do Deporte 2015: 14 de maio de 2015.

As condicións detalladas da presente convocatoria de propostas, incluídas as prioridades, figuran na guía do programa Erasmus+ na seguinte dirección de internet:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/discover/guide/index_es.htm

A guía do programa Erasmus+ forma parte integrante da presente convocatoria de propostas, á que se lle aplican plenamente as condicións de participación e financiamento que nela se indican.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante