Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas - Iniciativas prospectivas Experimentacións de políticas europeas nos ámbitos da educación, a formación e a xuventude: cooperación transnacional para a aplicación de políticas innovadoras baixo o liderado de autoridades públicas de alto nivel(2014/C 51/08)

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Promover a avaliación do impacto global das medidas baseadas na aplicación de políticas innovadoras mediante ensaios de campo co obxecto de mellorar a eficacia e a eficiencia dos sistemas de educación e formación e as políticas de xuventude.

A convocatoria trata de conseguir a participación de autoridades públicas de alto nivel dos países admisibles na recollida e avaliación de probas pertinentes que avale e supervise a reforma das políticas mediante o uso de métodos de avaliación sólidos e amplamente recoñecidos baseados en ensaios de campo a grande escala.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover a cooperación e a aprendizaxe mutua transnacionais entre autoridades competentes ao máis alto nivel co obxecto de someter a proba e mellorar sistemas, estruturas e procesos de aplicación de políticas cun impacto potencialmente significativo.

- Facilitar a recollida e análise de probas substantivas que permitan ás autoridades públicas competentes avaliar e supervisar a aplicación de políticas innovadoras.
- Identificar criterios e condicións clave para a aplicación e supervisión eficaces das políticas.
- Facilitar a transferibilidade e o aumento de escala.

Eidos de actuación

Os ambitos de aplicación irán encamiñados a:
- Avaliar as competencias transversais na educación básica e secundaria.
- Experiencias prácticas de emprendemento na escola.
- Cooperación na aplicación de métodos innovadores para un recoñecemento académico transfronteirizo rápido e fluído no ensino superior.
- Redución do número de adultos con baixa cualificación.
- Fomento do desenvolvemento e internacionalización do voluntariado xuvenil.

Destinatarios

a) Autoridades públicas (Ministerio ou equivalente) competentes nos ámbitos da educación, a formación ou a xuventude ao máis alto nivel no contexto nacional ou rexional pertinente (enténdese por «máis alto nivel» o correspondente aos códigos NUTS 1 ou 2; nos países nos que non haxa códigos NUTS 1 ou 2, aplicaranse os códigos NUTS máis altos existentes (4)). As autoridades públicas ao máis alto nivel competentes en ámbitos distintos da educación, a formación e a xuventude (por exemplo, emprego, facenda, asuntos sociais, saúde, etc.) considéranse admisibles cando demostran ter competencia específica no ámbito en que vaia levarse a cabo a experimentación. As autoridades públicas poderán delegar a súa representación noutras organizacións públicas ou privadas, así como en redes ou asociacións legalmente establecidas de autoridades públicas, sempre que a delegación efectúese por escrito e faga referencia explícita á proposta que vaia presentarse.

b) As organizacións ou institucións públicas ou privadas que actúen nos ámbitos da educación, a formación ou a xuventude.

c) As organizacións ou institucións públicas ou privadas que realicen actividades vinculadas á educación, a formación ou a xuventude en sectores socioeconómicos distintos (por exemplo, centros de recoñecemento, cámaras de comercio, organizacións profesionais, organizacións culturais, entidades de avaliación, entidades de investigación, etc.).

Socios

O requisito mínimo para a formación dunha asociación na presente convocatoria é a presenza de 4 entidades que representen a 3 países admisibles. En concreto:

A) Polo menos unha autoridade pública (Ministerio ou equivalente) ou organismo delegado de 3 países admisibles, ou unha rede/asociación legalmente establecida de autoridades públicas que representen polo menos tres países admisibles. A rede ou asociación deberá ter un mandato de polo menos 3 autoridades públicas para actuar no seu nome en relación coa proposta concreta.

As propostas deberán incluír polo menos unha autoridade pública, dun Estado membro.

As autoridades públicas que participen ou estean representadas na proposta serán responsables do liderado estratéxico do proxecto e do goberno da experimentación no seu ámbito territorial.

b) Polo menos unha entidade pública ou privada con coñecementos especializados na avaliación do impacto das políticas. Esta entidade será responsable dos aspectos metodolóxicos e os protocolos de avaliación. A proposta poderá incluír máis dunha entidade de avaliación, sempre que as súas tarefas se coordinen e sexan coherentes.

Financiamento

- Desenvolvemento de ensaios de campo da aplicación de medidas innovadoras. Prestarase atención axeitada ao desenvolvemento dunha base de probas sólida e á inclusión de procedementos fiables de supervisión, avaliación e información baseados en formulacións metodolóxicas recoñecidas, desenvolvidos por un avaliador competente e con experiencia en materia de impacto das políticas, en consulta coas partes interesadas do proxecto.

Deberá incluírse en relación con este punto (sen que a lista sexa exhaustiva): a identificación e selección da medida ou medidas que vaian someterse a proba, das mostras e do conxunto de accións previstas; a definición do impacto previsto da medida ou medidas en termos cuantificables e a avaliación da súa pertinencia para os resultados previstos, incluída a busca exhaustiva de exemplos de intervencións similares realizadas no país ou no estranxeiro; a definición dunha metodoloxía e uns indicadores sólidos para medir o impacto da medida ou medidas sometidas a proba a escala nacional e europea.

- Realización paralela dos ensaios de campo en varios países participantes no proxecto baixo o liderado das autoridades respectivas (Ministerios ou equivalentes). Deberá conseguirse un número suficientemente representativo de entidades/centros participantes para alcanzar unha masa crítica razona¬ble e representativa e dispoñer dunha base probatoria significativa.

- Análise e avaliación: eficacia, eficiencia e impacto da medida ou medidas sometidas a proba, pero tamén da metodoloxía de experimentación, das condicións para o aumento de escala e da transferencia transnacional das ensinanzas e boas práctica aprendidas (aprendizaxe por iguais).

- Sensibilización, difusión e explotación do concepto do proxecto e dos seus resultados a escala rexional, nacional e europea durante a vixencia do proxecto e a máis longo prazo e fomento da transferibilidade entre diferentes sectores, sistemas e políticas.


O orzamento está dividido entre os dous ámbitos de actuación do modo seguinte:

- Educación e formación: 8.000.000 EUR

- Xuventude: 2.000.000 EUR

A axuda financeira da UE non poderá ser superior ao 75% do total dos custos subvencionables.

A subvención máxima por proxecto será de 2 000 000 EUR

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para o cofinanciamento de proxectos no marco da presente convocatoriaé de 10.000.000 EUR

Duración do proxecto

Ás actividades deberán comezar entre o 1 de decembro de 2014 e o 1 de marzo de 2015.

A duración do proxecto deberá estar comprendida entre 24 e 36 meses.

Data de publicación

22/02/2014

Data límite de solicitude

20/05/2014

Documentación

Contacto

Axencia Executiva para a Educación, o Sector Audiovisual e a Cultura Unidad A.1 — Erasmus+: Escolas, Iniciativas Prospectivas, Coordinación de Programas Convocatoria de propostas EACEA/10/14 BOU2 02/109
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Mail: EACEA-Policy-Support@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Unha oportunidade educativa para os mozos en risco de exclusión social - Polonia

O proxecto pretende axudar á formación de mozas en risco de exclusión mediante novos métodos de cooperación entre a educación formal (colexios) e non formal (ONGs).

Comentarios

Antes de presentar unha solicitude, os solicitantes deberán rexistrar a súa organización no sistema de rexistro único (URF) e recibir un código de identificación como participante (PIC). Pedirase o PIC no formulario de solicitude.
Xestionarase a través do sistema único de rexistro toda a información xurídica e financeira sobre as organizacións. Accédese a este sistema a través do Portal de Participantes da Comisión Europea da área de Educación, Audiovisual, Cultura, Cidadanía e Voluntariado. Nese portal ofrécese información sobre o modo de efectuar o rexistro, na dirección seguinte:
http://ec.europa.eu/education/participants/portal

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante