Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Water Innovation: Reforzando o seu valor para Europa WATER-2b-2015

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Os obxectivos desta convocatoria son:

• A maior comprensión de como as políticas de xestión da auga, alimentos e biodiversidade están ligados entre si, co clima e cos obxectivos de sostibilidade.

• Redución de incerteza sobre as oportunidades e limitacións de opcións de baixo carbono.

• Contribución para futuras avaliacións.

Eidos de actuación

• Desenvolvemento de ferramentas e metodoloxías para a integración da agricultura, o impacto do cambio climático e a adaptación aos modelos do uso do territorio.

• Considerar o potencial e limitacións das opcións de baixa emisión carbono con respecto aos recursos da terra e do auga.

• Desenvolvemento dunha mellor comprensión científica do nexo terra-auga-enerxía-clima.

• Desenvolvemento de estratexias e enfoques integrados, a diferentes escalas espaciais, integrando o uso eficiente dos recursos da terra, a agricultura e a xestión sostible do auga.

Destinatarios

Poderán ser elixibles para recibir fondos do programa Horizonte 2020 as entidades xurídicas establecidas nos 28 Estaos Membros da UE e nos seus territorios de ultramar, e países asociados ao programa.

Socios

Polo menos tres entidades xurídicas establecidas en tres Estados membros ou países asociados diferentes. As tres entidades xurídicas deberán ser independentes entre si.

Financiamento

A Comisión considera que as propostas que soliciten unha contribución da UE no rango de 6 e 8 millóns de euros. A contribución máxima da UE é do 100% dos custos totais elixibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

75 000 000 €

Data de publicación

11/12/2013

Data límite de solicitude

21/04/2015

Documentación

Contacto

Contactos nacionais:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/support/national_contact_points.html

Procuras de Socios

Procura de socios para proxecto enmarcado na convocatoria Water Innovation: Reforzando o seu valor para Europa WATER-2b-2015

A Universidade Pública de Navarra busca socio para un proxecto no que desenvolver enfoques integrados para a seguridade alimentaria, a enerxía de baixo carbono, xestión sostible da auga e mitigación do cambio climático.

Comentarios

A presente convocatoria englóbase dentro do programa Horizonte 2020 - Retos sociais.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante