Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Horizonte 2020 – Retos Sociais

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de Horizonte 2020 é contribuír á construción dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a Unión mobilizando un financiamento adicional suficiente nos ámbitos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Este obxectivo xeral perséguese a través de tres prioridades -cada unha cos seus obxectivos específicos- que se reforzan mutuamente: ciencia excelente, liderado industrial e retos sociais.

A prioridade Retos Sociais responde directamente ás prioridades políticas e retos sociais expostos na estratexia Europa 2020 e proponse estimular a masa crítica de esforzos de investigación e innovación necesaria para alcanzar os obxectivos políticos da Unión.

Obxectivo específico da convocatoria

As posibilidades de financiamento do apartado de Retos Sociais dentro de Horizonte 2020 centraranse nos seguintes retos:

(a) saúde, cambio demográfico e benestar;

(b) seguridade alimentaria, agricultura sostible, investigación mariña e marítima e bioeconomía;

(c) enerxía segura, limpa e eficiente;

(d) transporte intelixente, ecolóxico e integrado;

(e) acción polo clima, eficiencia dos recursos e materias primas;

(f) Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas.

(g) Sociedades seguras - Protexer a liberdade e a seguridade de Europa e dos seus cidadáns.

Destinatarios

Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.

Financiamento

(a) saúde, cambio demográfico e benestar; cun orzamento total de 608,8 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Atención e servizos sanitarios personalizados (H2020-PCH-2014/15): 549,3
Actividades de coordinación (H2020-HCO-2014/5): 40

Outras accións que se recollen dentro do apartado “saúde, cambio demográfico e benestar”, así como os seus orzamentos correspondentes, son:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 7,83
Subscrición – programa científico sobre a fronteira humana (HFSP): 4,77
Licitacións para avaliación de programas, estudos e avaliación de impacto e para conferencias eventos e actividades de divulgación: 4,7

(b) seguridade alimentaria, agricultura sostíbel, investigación mariña e marítima e bioeconomía; cun orzamento total de 259,89 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Seguridade alimentaria sostible (H2020-SFS-2014/2015): 138
Crecemento azul: liberando o potencial dos mares e océanos (H2020-BG-2014/2015): 59
Bioeconomía innovadora sostible e integradora (H2020-ISIB-2014/2015): 44,5
Contribución á convocatoria ‘H2020-PHC-2014/2015’ (under Part 8 of the work programme): 5
Contribución á convocatoria ‘H2020-WASTE-2014/2015’ (under Part 12 of the work programme): 9

Outras accións que se recollen dentro deste apartado inclúen Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 3,82

(c) enerxía segura, limpa e eficiente, cun orzamento total de 640,02 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Eficiencia Enerxética (H2020-EE-2014/2015): 92,5
Enerxía baixa en carbón Competitiva (H2020-LCE-2014/2015): 359,4
Cidades e comunidades intelixentes (H2020-SCC-2014/2015): 73,82
Pemes e aceleración da innovación en materia enerxética (H2020-SIE-2014/2015): 33,95
Contribución á convocatoria ‘H2020-BG-2014/2015’: 3

Outras accións que se recollen dentro do apartado “enerxía segura, limpa e eficiente”, así como os seus orzamentos correspondentes, son:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo):6,8
Subscrición e implementación dos acordos da Axencia Internacional da Enerxía e contribución á Axencia Internacional da Enerxía Renovable: 0,88
Subvencións a beneficiarios identificados: 14,22
Contratación pública – Accións de apoio: 39,55
Acordo de delegación/FAFA – o Instrumento BEI-ELENA: 15

(d) transporte intelixente, ecolóxico e integrado; cun orzamento total de 578,91 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Mobilidade par ao crecemento (H2020-MG-2014/2015): 374,5
Vehículos verdes (H2020-GV-2014/2015): 129
Pequenas empresas e aceleración da innovación en materia de transporte (H2020-IT-2014/2015): 35,87
Contribución á convocatoria ‘H2020-SCC-2014/2015’: 18,5
Contribución á convocatoria ‘H2020-BG-2014/2015’: 15

Outras accións que se recollen dentro do apartado “transporte intelixente, ecolóxico e integrado”, así como os seus orzamentos correspondentes, son:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 3,09
Contratación pública – Apoio ás accións para ao desenvolvemento dun paquete público europeo de modelos mediambientais para a aviación: 2

(e) acción polo clima, eficiencia dos recursos e materias primas; cun orzamento total de 344,86 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Residuos: un recurso á reciclaxe, reutilización e recuperación de materias primas
(H2020-WASTE-2014/2015): 59
Innovación na agua: Incrementando o seu valor para Europa (H2020-WATER-2014/2015): 67
Crecemento dunha Economía baixa en carbono e eficiente no uso dos recursos a través dun abastecemento sostible de materias (H2020-SC5-2014/2015): 166
Contribución á convocatoria ‘H2020-BG-2014/2015’: 23
Contribución á convocatoria ‘H2020-EE-2014/2015’: 5
Contribución á convocatoria ‘H2020-DRS-2014/2015’: 18

Outras accións que se recollen dentro do apartado “acción polo clima”, así como os seus orzamentos correspondentes, son:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 3.90
Subscrición – secretaría do GEO: 0,80
Subvencións a beneficiarios identificados – IPCC: 0,70
Contratación pública – Accións dea poio á política de materias primas: 1

(f) Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas; cun orzamento total de 150.08 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Superando a Crise: Novas Ideas, Estratexias e Estruturas de Gobernanza para Europa (H2020-EURO-2014/2015): 35
A Xeración dos Xoves nunha Europa Innovadora, Inclusiva e Sostible (H2020-YOUNG-2014/2015): 19
Sociedades Reflexivas: Herdanza Cultural e Identidades Europeas (H2020-REFLECTIVE-2014/2015): 23
Europa como Actor Global (H2020-INT-2014/2015): 8,35
Novas formas de innovación (H2020-INSO-2014/2015): 26,5

Outras accións que se recollen dentro do apartado “Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas”, así como os seus orzamentos correspondentes, son:
Subvencións a beneficiarios identificados: 2,35
Contratación Pública: 8,15
Prezos: 3,40
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 4,92
COST: 19,21

(g) Sociedades seguras - Protexer a liberdade e a seguridade de Europa e dos seus cidadáns; cun orzamento total de 191,06 millóns de euros para 2014, que se divide nas seguintes accións (cantidades asignadas expresadas en millóns de euros):
Resilencia frente aos desastres: sociedade segura incluíndoa adaptación ao cambio climático (H2020-DRS-2014/2015): 54,4
Loita contra o crime e o terrorismo (H2020-FCT-2014/2015): 34,81
Seguridade nas Fronteiras Seguridade Exterior (H2020-BES-2014/2015): 40,78
Seguridade Dixital: Ciberseguridade, Privacidade e Confianza (H2020-CP-2014/2015): 47,04

Outras accións que se recollen dentro do apartado “Europa nun mundo cambiante: sociedades inclusivas, innovadoras e reflexivas”, así como os seus orzamentos correspondentes, son:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 1,55
Contratación pública -10 ( GSA)

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para 2014 de Horizonte 2020 – Retos Sociais roldará os 2800 millóns de euros para proxectos innovadores que afronten os sete retos sociais de horizonte 2020, a saber: saúde; agricultura, economía marítima e bioeconomía; enerxía; transporte; acción climática, medio ambiente, uso eficiente dos recursos e materias primas; sociedades reflexivas; e seguridade.

Data de publicación

10/01/2013

Data límite de solicitude

31/12/2014

Documentación

Contacto

Puntos nacionais de contacto:

Javier García Serrano
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, España
+34 91 581 55 66
Javier.garcia@cdti.es

Almudena Agüero Prieto
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Albacete 5ª planta norte, despacho 4, 28027, Madrid, España
+34 91 603 79 51
agentesh2020@mineco.es

Punto de axuda da Comisión Europea
http://ec.europa.eu/research/index.cfm?pg=enquiries

Procuras de Socios

Procura de Socios de Horizonte 2020. CCI Midi-Pyrénées. Horizonte 2020. Retos Sociais. SC1 - Saúde, cambio demográfico e benestar.

Investigación sobre a extracción de gas de esquisto (Shale Gas Extraction Research) - Programa Horizonte 2020 Retos Sociais - Convocatoria Enerxía baixa en carbono LCE-16-2014

Mobilidade para o crecemento MG.3.5-2014.

Xestión integrada de abastecemento, almacenamento, transformación de residuos vexetais e animais en produtos derivados en explotacións agrícolas e gandeiras para utilizalos como fertilizantes

O desenvolvemento das tecnoloxías da próxima xeración de electricidade renovable e de calefacción / refrixeración

Uso da biomasa nun sistema de coxeración deseñado a escala residencial.

Programa Horizonte 2020 – Seguridade alimentaria sostible (H2020-SFS-2015-2)

A Universidade de Córdoba, con ampla experiencia en temas agrícolas e medioambientais grazas, entre outros, aos seus estudos en veterinaria, química ou bioloxía, procura socios europeos para avaliar o benestar dos animais e investigar o comportamento dos metabolitos e a súa influencia na calidade da carne de vacún e, en consecuencia, no mercado de consumo.

Procura de socios para a convocatoria Horizonte 2020: INSO-2-2014: Understanding and supporting business model innovation.

O rendemento dos investimentos europeos en tecnoloxía e desenvolvemento non só depende das condicións marco globais para a innovación e o espírito empresarial, senón tamén dos modelos de negocio efectivos. Neste contexto abórdase a facilitación de innovación nos modelos de negocio e permitir que un máximo número de empresas cheguen a esta.

Procura de socios para o proxecto GARRI-5-2014: Ethics in Research – promoting Integrity

Procura de socios “Unha restauración máis eficiente do ecosistema na UE”

C.A.P. (Community Antennas for Policing) - Citizens Actors of Policing

Procura de socios Horizonte 2020 Reciclaxe e Economía baixa en carbono

Renovar a Asociación Oriental

Para máis información http://programasue.info/documentos/2015-Pomorskie-03.pdf

Sustainable multi-modal inter-urban transport, regional mobility and spatial planning/ Copenhangen (Dinamarca)

A Cidade de Copenhangen busca socios para elaborar unha ferramenta de planificación rexional para abordar os desafíos ambientais que provoca o tráfico interurbano. 

Universidade Estrasburgo – H2020:  Ciencia con e para a Sociedade (SwafS), Cuestiones de xénero – Estrasburgo, Francia

A Universidade de Estrasburgo está a buscar socios para presentar unha proposta de proxecto de Horizonte 2020, baixo o lema: Apoiar ás organizacións de investigación para implementar plans de igualdade de xénero.

Comentarios

Ademais dos orzamentos detallados para os diferentes apartados de Horizonte 2020 - Retos Sociais, existe un orzamento limitado relacionado coas actividades horizontais de diseminación e comunicación corporativa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante