Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Horizonte 2020 – Liderado Industrial

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de Horizonte 2020 é contribuír á construción dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a Unión mobilizando un financiamento adicional suficiente nos ámbitos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Este obxectivo xeral perséguese a través de tres prioridades -cada unha cos seus obxectivos específicos- que se reforzan mutuamente: ciencia excelente, liderado industrial e retos sociais.

A prioridade Liderado Industrial ten por obxecto acelerar o desenvolvemento das tecnoloxías e innovacións que sustentarán as empresas do mañá e axudar ás pymes innovadoras europeas a converterse en empresas líderes no mundo.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos do pilar de Liderado Industrial en Horizonte 2020 resúmense nos seguintes puntos:

1. Liderado en tecnoloxías industriais e de capacitación: presta un apoio específico á investigación, desenvolvemento e demostración nos ámbitos das TIC, a nanotecnología, os materiais avanzados, a biotecnoloxía, a fabricación e transformación avanzadas, e o espazo. Farase fincapé na interacción e converxencia das diferentes tecnoloxías.

2. Acceso ao financiamento de risco: proponse superar os déficits na dispoñibilidade de financiamento de débeda e de capital para as empresas e os proxectos de I+D impulsados pola innovación en todas as fases de desenvolvemento. Xunto co instrumento de capital do Programa de Competitividade das Empresas e as Pymes (COSME), apoia o desenvolvemento do capital-risco a nivel europeo.

3. Innovación nas pymes: fomenta todas as formas de innovación nas pymes, centrándose nas que teñan potencial para crecer e internacionalizarse no mercado único e fóra del.

Destinatarios

Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.

Financiamento

1. Liderado en tecnoloxías industriais e de capacitación (importes expresados en millóns de euros):

1.a. Tecnoloxías da información e a comunicación (H2020 - ICT – 2014): 694,50
EU-Japan Research and Development Cooperation in Net Futures (H2020-EUJ-2014): 6
Contribution from LEIT ICT to call ‘H2020-FoF-2014/2015’ (under Part 5.ii of the work programme): 34

Outras accións:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 12,72
Contratación pública para apoio as políticas (estudos, conferencias, publicacións etc.):16,9

1.b. Nanociencias, materiais avanzados, biotecnoloxía e fabricación e transformación avanzadas (NMBP)
Nanotecnoloxías, materiais avanzados e produción (H2020-NMP 2014/2015): 230,7 millóns de euros
Biotecnoloxía (H2020-BIOTEC-2014/15): 51,7
Fábricas do Futuro (H2020-FoF-2014/2015): 82
Edificios enerxeticamente eficientes (H2020-EeB-2014/2015): 49,5
Industrias de proceso sostibles (SPIRE, H2020-SPIRE-2014/2015): 60,3

Outras accións:
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 2,2
Contratación pública – Asistencia Técnica de Proxectos, Estratexia de Explotación e Consutores de Innovación: 4,15
Contratación pública – monitoreo e estudos de nanotecnoloxía: 1,2

1.c) Espazo (165,75 millóns de euros):
Aplicacións de Navegación por Satelite- Galileo (H2020-GALILEO-2014/2015): 38 - Observación de la Tierra (H2020-EO-2014): 21,5
Protección de recursos espaciais europeos en e desde o espazo (H2020-PROTECT-2014): 8 - Competitividade do Sector Europeo do Espazo: Tecnoloxía e Ciencia (H2020-COMPET-2014): 52
Instrumento para as pemes (H2020-SME-2014/2015): 8,5

Outras accións (en millóns de euros):
2014 Actividade 1 – Desenvolvementos para un Servizo Público Regulado (PRS) Galileo: 20 - 2014 Actividade 2 – SST – Centro de Satélites con beneficiarios predefinidos: 1
2014 Actividade 3 – Estudos e Comunicación:1,5
2014 Actividade 4 – Avaliación de propostas Horizonte 2020 (EGNSS): 2
2014 Actividade 5 – Transición cara a Copérnico: 11
2014 Actividade 6 – Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 2,03

2. Acceso ao financiamento de risco (320.14 millóns de euros):
Fomento de capacidades na transferencia de Tecnoloxía (H2020-CBTT-2014): 2,5
Contribuír á disposición ao investimento das pemes e sociedades de pequena e mediana capitalización (H2020-BIR-2014): 2,5

Outras accións (en millóns de euros):
lnstrumentos Financeiros: 295,45 Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 2,14
Subvencións a beneficiarios identificados: 16,1
Contratación pública 1,02

3. Innovación nas pymes (34,5 millóns de euros):
Mellora da capacidade de innovación das pemes a través dunha mellor innovación (H2020-INNOSUP-2014/2015): 9,58
Expertos (avaliadores expertos, grupos de expertos, monitoreo): 0,14
Subvencións a beneficiarios identificados: 24,33 Contratación pública: 0,36

Orzamento total da convocatoria

O financiamento para 2014 roldará os 1 800 millóns de euros para apoiar o liderado de Europa en sectores tales como as TIC, as nanotecnoloxías, a fabricación avanzada, a robótica, as biotecnoloxías ou o espazo.

Data de publicación

10/12/2013

Data límite de solicitude

31/12/2014

Documentación

Contacto

Puntos nacionais de contacto:

Javier García Serrano
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, España
+34 91 581 55 66
Javier.garcia@cdti.es

Almudena Agüero Prieto
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Albacete 5ª planta norte, despacho 4, 28027, Madrid, España
+34 91 603 79 51
agentesh2020@mineco.es

Punto de axuda da Comisión Europea
http://ec.europa.eu/research/index.cfm?pg=enquiries

Procuras de Socios

Impulso ó investimento - preparación de pemes e Midcaps

Mellorando a capacidade das autoridades públicas por unha mellor enerxía -

Improving capacity of POLiticians for a BETter ENergy (BETENPOL)

Procura de socios do CETEMET para Horizonte 2020

Comentarios

Ademais dos orzamentos detallados para os diferentes apartados de Horizonte 2020 - Liderado Industrial, existe un orzamento limitado relacionado coas actividades horizontais de diseminación e comunicación corporativa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante