Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Horizonte 2020 – Ciencia Excelente

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de Horizonte 2020 é contribuír á construción dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a Unión mobilizando un financiamento adicional suficiente nos ámbitos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. Este obxectivo xeral perséguese a través de tres prioridades -cada unha cos seus obxectivos específicos- que se reforzan mutuamente: ciencia excelente, liderado industrial e retos sociais.

A prioridade Ciencia Excelente aspira a reforzar e ampliar a excelencia da base científica da Unión, así como a consolidar o Espazo Europeo de Investigación para facer que o sistema de investigación e innovación da Unión resulte máis competitivo a escala mundial. Para a realización dos obxectivos de Ciencia Excelente vanse apoiar as mellores ideas e buscarase desenvolver o talento dentro de Europa. Así mesmo, quérese asegurar que os investigadores teñan acceso ás infraestructuras de investigación prioritarias e facer de Europa un lugar atractivo para os mellores investigadores do mundo.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos do pilar de Ciencia Excelente en Horizonte 2020 resúmense nos seguintes puntos:

(a) Consello Europeo de Investigación (CEI): proporciona un financiamento atractivo e flexible para permitir a investigadores de talento e creativos e aos seus equipos explorar as alternativas máis prometedoras nas fronteiras da ciencia, sobre a base da competencia a escala da Unión.

(b) Tecnoloxías Futuras e Emerxentes: apoia a investigación en colaboración a fin de ampliar a capacidade de Europa para realizar unha innovación avanzada, capaz de modificar os paradigmas actuais. Fomenta a colaboración científica entre disciplinas sobre ideas radicalmente novas e de alto risco, ademais de acelerar o desenvolvemento dos campos emerxentes máis prometedores da ciencia e a tecnoloxía, así como a estruturación en toda a Unión das comunidades científicas correspondentes.

(c) Accións Marie Skłodowska-Curie: proporciona unha formación en investigación excelente e innovadora, así como oportunidades atractivas de carreira profesional e intercambio de coñecementos, a través da mobilidade transfronteiriza e transectorial dos investigadores, a fin de preparalos optimamente para facer fronte aos retos sociais presentes e futuros.

(d) Infraestrutura de investigación: desenvolve as infraestruturas de investigación europeas de primeira clase accesíbeis para todos os investigadores en Europa e máis aló.

Destinatarios

Calquera entidade legal, independentemente da súa sé legal, ou organizacións internacionais poden participar, a condición de que cumpran coas condicións establecidas nas diferentes convocatorias.

Financiamento

- O orzamento da convocatoria do Consello Europeo de Investigación para 2014 divídese nos seguintes apartados e número de beneficiarios aproximado:

ERC Starting Grant (ERC-2014-StG): 485 millóns de euros (370)
ERC Consolidator Grant (ERC-2014-CoG): 713 millóns de euros (400)
ERC Advanced Grant (ERC-2014-AdG): 450 millóns de euros (200)
ERC Proof of Concept Grant (ERC-2014-PoC): 15 millóns de euros (100)

- O orzamento da convocatoria de “Tecnoloxías Futuras e Emerxentes” é duns 216 millóns de euros, repartido maioritariamente nos seguintes eixos (catidades expresadas en millóns de euros):

FET-Open - novas ideas (H2020-FETOPEN-2014/2015): 80
FET Proactive – materias e comunidades emerxentes (H2020-FETPROACT-2014): 33
FET-Proactive – cara a sistemas de cálculo a exaescala de alto rendemento (H2020-FETHPC-2014): 97,4
FET-Flagships – respondendo aos grandes desafíos interdisciplinarios científicos e tecnolóxicos (H2020-FETFLAG-2014): 1,6

- O orzamento aproximado das “Accións Marie Skłodowska-Curie” é de 800 millóns de euros, repartíndose nas seguintes rúbricas (cantidades exoresadas en millóns de euros):

Marie Skłodowska-Curie Redes de Formación Innovadoras (H2020-MSCA-ITN-2014) - 405,18
Marie Skłodowska-Curie Becas Individuais (H2020-MSCA-IF-2014) - 240,5
Marie Skłodowska-Curie Intercambio de persoal no eido da Investigación e a Innovación
(H2020-MSCA-RISE-2014) - 70
Marie Skłodowska-Curie Cofinanciamento de programas rexionais, nacionais e internacionais
(H2020-MSCA-COFUND-2014) - 80
Noite Europea dos Investigadores (H2020-MSCA-NIGHT-2014)- 8
Cooperación transnacional entre os Puntos de Contacto Nacionais das Accións Marie Skłodowska-Curie (H2020-MSCA-NCP-2014) - 1,5

- O orzamento estimado de Ciencia Excelente destinado a financiar “Infraestrutura de investigación” na convocatoria de 2014 representa 279 millóns de euros, distribuídos da seguinte maneira (cantidades expresadas en millóns de euros):

Desenvolvemento de infraestruturas de investigación de clase mundial (H2020-INFRADEV-2014/2015)

INFRADEV-1-2014: 15
INFRADEV-4-2014/2015: 55

Integración e posta en marcha de infraestruturas de investigación de interese europeo (H2020-INFRAIA-2014/2015)

INFRAIA-1-2014/2015 - 90

e-Infraestruturas (H2020-EINFRA-2014/2015)

EINFRA-1-2014: 55
EINFRA-2-2014:13
EINFRA-3-2014: 4
EINFRA-4-2014:15
EINFRA-5-2015: 40
EINFRA-6-2014: 2
EINFRA-7-2014: 6

Apoio á innovación, recursos humanos, políticas e cooperación internacional (H2020-INFRASUPP-2014/2015)

INFRASUPP-1-2014: 2
INFRASUPP-3-2014: 2
INFRASUPP-5-2014: 4
INFRASUPP-6-2014: 7
INFRASUPP-7-2014: 5
INFRASUPP-8-2014: 2

Orzamento total da convocatoria

O financiamento para 2014 roldará os 3 000 millóns de euros, incluídos 1 700 millóns para subvencións do Consello Europeo de Investigación destinadas a científicos eminentes, e 800 millóns para a concesión de becas Marie Sklodowska-Curie a mozos investigadores (véxase o documento MEMO/13/1123).

Data de publicación

10/12/2013

Data límite de solicitude

31/12/2014

Documentación

Contacto

Puntos nacionais de contacto:

Javier García Serrano
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/ Cid, 4, 28001, Madrid, España
+34 91 581 55 66
Javier.garcia@cdti.es

Almudena Agüero Prieto
Ministerio de Economía y Competitividad
C/ Albacete 5ª planta norte, despacho 4, 28027, Madrid, España
+34 91 603 79 51
agentesh2020@mineco.es

Punto de axuda da Comisión Europea
http://ec.europa.eu/research/index.cfm?pg=enquiries

Procuras de Socios

City digital Maturity Scorecard

Fortalecemento da diabetes: auto-xestión móbil

O proxecto DEMOS deseñará un ensaio controlado aleatorio para mostrar as melloras na calidade de vida dos pacientes e as complicacións evitadas relacionadas coa diabetes de tipo I, o que conducirá a unha redución nos gastos de saúde (visitas ao servizo de urxencias, visitas de especialistas, ingresos hospitalarios, etc.).

Programa Horizonte 2020 - “Innovative ways to make science education and scientific careers attractive to young people” - SEAC-1-2014

A Universidade Frederick de Chipre procura socios para levar a cabo un
proxecto consistente en organizar talleres interactivos en museos de
ciencias, nos que se realicen experimentos montando dispositivos con
materiais reciclables.

Comentarios

Ademais dos orzamentos detallados para os diferentes apartados de Horizonte 2020 – Ciencia Excelente, existe un orzamento limitado relacionado coas actividades horizontais de diseminación e comunicación corporativa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante