Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á expansión das empresas no mercado interior, mellorando os portales únicos - Aumento da conciencia entre os empresarios sobre os puntos de contacto único - COS-SPOC-2016-02-03

Programa

COSME

Obxectivo xeral

-Crear mellores condicións para a expansión das PEME no mercado interior.
-Aumentar a conciencia dos Puntos de Contacto Únicos entre as empresas e os empresarios europeos para que saiban onde acudir para obter información, asistencia ou interactuar coas administracións públicas co fin de establecerse ou prestar servizos na UE.
-Sensibilizar ás organizacións de apoio ás empresas no seu papel de portelos únicos, de modo que poidan proporcionar asesoramento integral aos seus membros ou socios

Eidos de actuación

Os solicitantes deben propoñer unha campaña de sensibilización que cubra polo menos 2 Estados membros diferentes, incluído o país do coordinador do consorcio, indicando claramente as actividades propostas para alcanzar os seus obxectivos.

As propostas deben incluír, como mínimo, as dúas actividades ”básicas” seguintes:

1. O deseño e desenvolvemento dunha campaña de sensibilización para fomentar os portelos únicos para os usuarios potenciais.
2. Medir e avaliar os resultados das actividades de comunicación e propoñer recomendacións sobre a base da información obtida.

Destinatarios

Todos os membros do consorcio deben pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) autoridades públicas responsables da xestión dun punto de contacto único nacional ou rexional;
b) entidades privadas ou semiprivadas que xestionen un punto de contacto único por encomenda dunha autoridade pública;
c) autoridades públicas activas na área relacionada coas actividades dos puntos de contacto único;
d) entidades privadas ou semiprivadas distintas das mencionadas no punto b) activas na área relacionada coas actividades dos puntos de contacto único, tales como cámaras de comercio e industria, cámaras de artesáns ou entidades similares ou as súas redes ou asociacións;
e) institucións de FP ou educativas, incluídas universidades, centros de investigación activos no campo da provisión de servizos ou o e-goberno.

Só as solicitudes de entidades establecidas nalgún Estado Membro ou países terceiros participantes no programa COSME serán consideradas elexibles.

Socios

Os consorcios deben estar compostos por polo menos dous solicitantes elixibles pertencentes ás letras a) ou b) mencionadas anteriormente e pertencer a dous países elixibles no programa COSME diferentes.

Orzamento total da convocatoria

300.000 euros

Data de publicación

22/07/2016

Data límite de solicitude

08/09/2016

Documentación

Contacto

Os solicitantes potenciais deben dirixir calquera cuestión sobre o contido desta convocatoria por email a EASME-COSME-SINGLE-Contacts@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Supporting businesses’ expansion in the Internal Market by improving Points of Single Contact – Paphos (Chipre)

A Cámara de Comercio e Industria de Paphos ten unha gran experiencia en proxectos financiados pola UE e neste proxecto márcase como obxectivo apoiar ás empresas e aos empresarios locais proporcionándolles información de alta calidade e específica. A Cámara conta con máis de 500 membros que garanten a existencia de participantes de todos os sectores e actividades da economía de forma igualitaria.

Comentarios

A data límite da presentación electrónica é o 8 de setembro de 2016 ás 17.00 horas.
A referencia da solicitude electrónica para esta convocatoria é COS-SPOC-2016-02-03

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante