Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Diversificación da oferta turística da UE e dos produtos - Produtos turísticos transnacionais sostibles - COS-TSUST-2014-3-15

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo principal desta convocatoria é fortalecer a competitividade do sector turístico europeo, así como a súa sostibilidade, fomentando a diversificación da oferta de servizos e produtos turísticos.

As propostas de proxectos deben ter como obxectivo a promoción de produtos turísticos sostibles a nivel transnacional (como por exemplo: rutas, itinerarios, rutas, oferta de turismo...) en actividades deportivas ou de benestar en relación cun dos seguintes tipos de turismo: o turismo costeiro e marítimo ou de montaña ou rural.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos son os seguintes:

• Apoiar proxectos que promovan rutas turísticas transnacionais, itinerarios, rutas, xa sexa físicas ou virtuais.
• Estimular a competitividade da industria turística.
• Fomentar a diversificación da oferta de produtos e servizos turísticos mediante o desenvolvemento de produtos de turismo sostible.
• Fomentar a participación das PEME e crear un marco favorable á cooperación.

Eidos de actuación

Para ser elixible o proxecto debe:

a) Centrarse no deporte ou no turismo orientado ao benestar
b) Ser transnacional
c) Promover o turismo sostible
d) Ser tecnicamente e financeiramente sostible
e) Xerar resultados cuantificables e impactos a longo prazo

Os solicitantes son libres de propoñer calquera tipo de actividades dentro das seguintes tres áreas:

1) desenvolver e fortalecer o produto turístico sostible a nivel transnacional a través do desenvolvemento de ofertas turísticas concretas e favorecer a súa aceptación polo mercado unha vez rematado o período de cofinanciamento do proxecto;

2) promover e mellorar a visibilidade dos produtos turísticos sostibles a nivel transnacional a través de actividades de promoción-comunicación transnacionais conxuntas, así como, mediante a subministración de información completa e práctica para os turistas potenciais e outros axentes do sector turístico;

3) facilitar as asociacións público-privadas e a integración das empresas relacionadas co turismo, en particular das pemes, así como das autoridades locais, na cadea de subministración dos produtos turísticos transnacionais, ademais de no desenvolvemento e as estratexias de promoción do turismo rexional.

Destinatarios

Os solicitantes deben pertencer a unha das seguintes categorías e ser activos no sector turístico ou calquera outro campo que estea estritamente relacionado co obxecto da proposta:

-Autoridades públicas ou as súas redes ou asociacións nos distintos niveis territoriais.
-Institucións de formación ou educativas como universidades ou centros de investigación.
-Organizacións de xestión de destinos e as súas redes ou asociacións.
-Axentes de viaxes e tour operadores e as súas asociacións.
-Cámaras de comercio e industria.
-ONGs, organizacións da sociedade civil, fundacións, grupos de reflexión, etc.
-Organizacións internacionais, europeas ou nacionais que traballen no ámbito do turismo
-Federacións e asociacións que operan en colaboración a través das fronteiras de varios países cun alcance transfronteirizo probado.
-Pemes activas no sector turístico.
-Organizacións nacionais, rexionais e locais de turismo, axencias públicas e privadas relacionadas coa promoción do turismo.
-Organismos públicos e privados cuxa actividade principal se centra nas seguintes áreas: o turismo, o desenvolvemento rexional ou de calquera outro campo que estea estritamente relacionado co obxecto da proposta.

Socios

As propostas deben ser presentadas por consorcios formados como mínimo por 5 persoas xurídicas que pertenzan a polo menos 4 países diferentes de entre os elixibles.

Os Estados elixibles son os seguintes:

-Os Estados membros da UE.
-Os países que participan no programa COSME (artigo 6 do Regulamento 1287/2013 polo que se establece o programa COSME).

Ademais, de entre os 5 socios que formen o consorcio:

a) polo menos 2 socios deben ser pemes pertencentes ao sector turístico e que actúen nunha das seguintes áreas:

-aloxamento turístico
-catering
-axencias de viaxes e operadores turísticos
-atraccións
-ocio (actividades recreativas, culturais e deportivas)
-transporte relacionado co turismo
-outros campos relacionados co turismo, se a súa relevancia para a proposta de proxecto está debidamente xustificadas polo candidato

b) polo menos 1 dos socios debe ser unha autoridade pública a nivel nacional, rexional ou local ou unha rede ou asociación de autoridades públicas destes ámbitos territoriais.

Financiamento

A subvención máxima será de 250.000 euros por proxecto. Neste sentido, a Axencia Executiva para Pequenas e Medianas empresas (EASME) prevé cofinanciar 5 proxectos.

O financiamento da Unión Europea concedida non superará o 75% dos custos subvencionables totais da acción.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 1.000.000 euros.

Duración do proxecto

A duración do proxecto será de como mínimo 12 e como máximo 18 meses.

Data de publicación

04/07/2014

Data límite de solicitude

07/10/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

EASME-COSME-SUSTAINABLE-TOURISM-CALL-2014@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Procura de socios para o proxecto “Water Sports and Wellness Activities Ways (W.W.W)” - COSME Key Action 2 Diversifying the EU Tourism Offer and Products - Sustainable Transnational Tourism Products

O proxecto implica a creación dun turismo sostible e transnacional que cree un beneficio para os cidadáns europeos ao tempo que se lles ofrece unha maneira alternativa de facer turismo. O produto final será un itinerario turístico entre diferentes localidades europeas unidas polos deportes acuáticos. “WWW” é un produto turístico que se desenvolve en áreas rurais e montañosas de Europa caracterizadas polos seus ríos, canais e lagos e nas que é posible practicar deportes ao aire libre.

Procura de socios ”Produtos Turísticos Transnacionais Sostibles 2014”

COS-TSUST-2014-3-15 - Geotrek, business management tool and recovery paths

Procura de socios para o proxecto ”COAST2COAST - Desenvolver e promover o turismo deportivo sostible de costa a costa”

Comentarios

Os solicitantes deben rexistrarse en http://ec.europa.eu/easme/cosme_en.htm e seguir o procedemento para presentar as propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante