Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Rede de organizacións intermediarias - Erasmus Mozos Emprendedores - COS-WP2014-4-05

Programa

COSME

Obxectivo xeral

O obxectivo global do programa Erasmus Mozos Emprendedores é potenciar o espírito empresarial, o desenvolvemento da perspectiva internacional e da competitividade das pemes europeas e propiciar a aparición de novos empresarios, así como de microempresas e pequenas empresas de nova creación nos países participantes.

O obxectivo da convocatoria é a selección dos organismos que actuarán como organizacións intermediarias (OI) para poñer en marcha o programa Erasmus Mozos Emprendedores a nivel local. A convocatoria apoiará accións das organizacións que potencien e faciliten a mobilidade dos novos empresarios. Polo tanto, non está destinada aos empresarios dispostos a participar no programa.

Obxectivo específico da convocatoria

Mediante a concesión deste tipo de subvencións para promover a mobilidade dos novos empresarios, a Comisión pretende conseguir determinados obxectivos específicos como son, entre outros, os de:

-Proporcionar formación práctica a novos empresarios nas pequenas e medianas empresas noutro dos países participantes co fin de facilitar unha exitosa posta en marcha e desenvolvemento das súas ideas de negocio.

-Fomentar o intercambio de experiencias e información entre os empresarios sobre os obstáculos e os retos da posta en marcha e o desenvolvemento dos seus negocios.

-Mellorar o acceso ao mercado e a identificación de socios potenciais tanto das novas empresas coma das xa establecidas.

-Apoiar a creación de redes de contactos entre empresarios de diferentes países participantes.

Eidos de actuación

As propostas deben incluír o seguinte tipo de actividades:

• Promoción do programa.
• A inscrición dos empresarios.
• A avaliación das solicitudes dos elementos de rede.
• A construción de relacións.
• Xestión dos acordos de subvención, os compromisos e a asistencia financeira.
• Preparación do intercambio.
• Seguimento do intercambio.
• Xestión, control e avaliación da calidade.
• Traballo activo en rede.
• Informar sobre o desenvolvemento das actuacións.

Destinatarios

As organizacións solicitantes deberán ser persoas xurídicas. Poden ser total ou parcialmente organismos públicos ou privados e a súa actividade principal debe estar centrada no apoio ás empresas. Os organismos privados deberán estar correctamente constituídos e inscritos segundo o Dereito nacional.

Poden participar como solicitantes, a modo enunciativo, as seguintes organizacións:

- As entidades públicas responsables ou activas no ámbito empresarial, o apoio a empresas, asuntos económicos, ou outras cuestións relacionadas.
- As cámaras de comercio e industria, as cámaras de artesanía ou organismos similares.
- As organizacións de apoio a empresas e incubadoras.
- Asociacións empresariais e redes de apoio a empresas.
- As entidades públicas e privadas que ofrecen servizos de apoio empresarial.

Socios

Esta convocatoria ten por obxecto a selección dos consorcios que executan o programa:

- Os consorcios deberán estar compostos por un mínimo de 5 persoas xurídicas independentes de polo menos 4 países participantes diferentes.
- Non se permite que un socio participe en máis dunha proposta. En caso de que isto sucedese, todas as propostas nas que estea implicado este socio serán consideradas como non elixibles.
- O coordinador e os outros socios deberán cumprir os mesmos criterios de elixibilidade.

Só son elixibles as solicitudes de entidades xurídicas establecidas nun dos seguintes países:

-Os Estados membros da UE.
-Os países que participan no programa COSME (artigo 6 do Regulamento 1287/2013 polo que se establece o programa COSME).

Financiamento

O importe máximo da subvención que se pode conceder a un proxecto é de 500.000 euros.

Espérase poder financiar de 8 a 10 proxectos nesta convocatoria.

A taxa de cofinanciamento da Unión será de ata o 90% dos gastos subvencionables nos que incorran as organizacións intermediarias.

A contribución da Unión Europea non poderá exceder o 75% dos custos de xestión do programa, pero pode ser de ata o 100% da suma asignada polos beneficiarios (organizacións intermediarias) a terceiros (novos empresarios) que participen nunha acción de mobilidade.

A asistencia financeira aos novos empresarios que participen nunha acción de mobilidade adoptará a forma dunha escala de custos unitarios de como máximo 6.600 euros por empresario dentro do límite dos 500.000 euros por subvención.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para esta convocatoria é de 4.120.000 euros.

Duración do proxecto

A duración da acción non pode exceder de 24 meses.

Non se aceptarán solicitudes de proxectos cunha duración maior á especificada na presente convocatoria.

Data de publicación

20/05/2014

Data límite de solicitude

17/07/2014

Documentación

Contacto

Os solicitantes deben rexistrarse na seguinte páxina web e seguir o procedemento para presentar a solicitude:

http://ec.europa.eu/easme/cosme

Enterprise Europe Network
http://een.ec.europa.eu/about/branches/?Country=ES

As preguntas remitiranse á seguinte dirección de correo electrónico:
EASME-COSME-ERASMUS-CALL2014@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Novos empresarios en movemento (YEIM- Young Entrepreneurs In Motion)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante