Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

IV Convocatoria de propuestas - Programa Operativo do Obxectivo Cooperación Territorial do Espacio Sudoeste Europeo - SUDOE-2013

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSNACIONAL: ESPAZO SUROESTE EUROPEO (SUDOE)

Obxectivo xeral

Consolidar o SUDOE como un espazo de cooperación territorial nos eidos da competitividad e a innovación, o medio ambiente, o desenvolvemento sostible e a ordenación do territorio, que contribúa a reforzar a cohesión económica e social no seo da Unión Europea. Este programa está elaborado polos catro Estados implicados no Espazo SUDOE (España, Francia, Portugal e Reino Unido).

Obxectivo específico da convocatoria

No marco da presente convocatoria de proxectos, están abertas tres prioridades operativas do programa:
PRIORIDADE 1: Promoción da innovación e a constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica.
PRIORIDADE 3: Integración harmoniosa do espazo SUDOE e mellora da accesibilidade ás redes de información.
PRIORIDADE 4: Impulso do desenvolvemento urbano sostible aproveitando os efectos positivos da cooperación transnacional.

Eidos de actuación

Entidades ou organizacións coa súa sede social dentro do territorio da Unión Europea

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas que se atopen dentro do eido de actuación

Financiamento

75% do custo total elixiible do proxecto debendo ser o orzamento de cada beneficiario igual ou superior a 100.000 €. Baremos de finaciamento diferentes segundo as distintas liñas prioritarias:
PRIORIDADE 1: entre 500.000 e 1.900.000 €
PRIORIDADES 3 e 4: entre 300.000 e 1.000.000 €

Orzamento total da convocatoria

7,98 M€

Data de publicación

15/01/2013

Data límite de solicitude

08/02/2013

Documentación

Contacto

- Secretario Técnico Conxunto do SUDOE - stcsudoe@interreg-sudoe.eu
- Corresponsal nacional do SUDOE en España: Mª Jesús Vidal (Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas)
Tel: +34 91 5835267
Fax: +34 91 583 73 17
E-mail: MJVidal@sepg.minhap.es

Procuras de Socios

EMRAA: Facilitar a integración do desenvolvemento da enerxía mariña na xestión do territorio por parte das autoridades locais.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante