Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EAC/S06/12. Acción preparatoria: Asociacións europeas no eido do deporte

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral


O principal obxectivo desta acción preparatoria é de organizar futuras accións da UE neste eido, sobre a base do capítulo «Deporte» da proposta de Programa de educación, formación, xuventude e deporte da Unión para o 2014-2020 «Erasmus para todos», en función das prioridades establecidas no Libro Branco de 2007 sobre o deporte e a Comunicación de 2011 sobre o desenvolvemento da dimensión europea no deporte.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas está dirixida a apoiar proxectos transnacionais presentados por organismos públicos ou por organizacións sen ánimo de lucro para identificar e probar redes adecuadas e boas prácticas no eido do deporte nas seguintes áreas:
1) a loita contra o amaño de partidos;
2) a promoción da actividade física para favorecer o envellecemento activo;
3) a sensibilización acerca de formas eficaces de promover o deporte a nivel municipal;
4) a organización de competicións fronteirizas conxuntas de deporte de base en rexións e Estados membros veciños.

Destinatarios


Organismos públicos e organizacións sen ánimo de lucro.

Financiamento

A UE co- financiará como máximo un 60 % dos custos totais admisibles.

Orzamento total da convocatoria


O orzamento total previsto para esta convocatoria é de 3.500.000 €.

Duración do proxecto

A duración máxima prevista é de 18 meses.

Data de publicación

17/04/2012

Data límite de solicitude

31/07/2012

Documentación

Contacto

E-mail de contacto: EAC-SPORT-PREPARATORY-ACTION@ec.europa.eu

Comisión Europea
Dirección Xeral de Educación e Cultura — Unidade E3
MADO 20/73
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Procuras de Socios

A promoción da actividade física para un envellecemento activo

Liderando o Legado - Xogos para a Mocidade

Sensibilización e xeitos eficaces de promover o deporte a nivel municipal

Sune Steiniche Kjær
Tel: +45 8755 1982
Correo: ssk@viauc.dk

Ole Eliasen
Tel: + 45 8755 1850
Correol : oe@viauc.dk

Acción Preparatoria: Asociacións Europeas no eido dos Deportes

Parneteriado europeo no deporte

Parteneriado Europeo en Deportes

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante