Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Específico ”Dereitos Fundamentais e Cidadanía” (2007-2013)

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

• Promover o desenvolvemento dunha sociedade europea baseada no respecto aos dereitos fundamentais;
• fortalecer á sociedade civil e alentar o diálogo transparente e regular sobre dereitos fundamentais;
• loitar contra o racismo, a xenofobia e o anti-semitismo e promover un mellor entendemento entre as diversas culturas e confesións na UE;
• mellorar os contactos, o intercambio de información e as redes entre as autoridades xudiciais e administrativas e as profesiones legais, por un mellor entendemento mutuo.

Obxectivo específico da convocatoria

• Promover e informar sobre todo o relativo aos dereitos fundamentais, incluidos aqueles derivados da cidadanía da Unión, e fomentar a participación activa;
• examinar o respecto a algúns dereitos fundamentais específicos na UE ao momento de aplicar normativa europea e obter opinións nalgúns asuntos específicos dos dereitos fundamentais;
• apoiar a organizacións non gubernamentais e a outros organismos da sociedade civil na promoción dos dereitos fundamentais, do imperio da lei e da democracia;
• crear as estruturas necesarias que faciliten o diálogo entre confesións e culturas ao nivel da UE.

Eidos de actuación

As prioridades nesta convocatoria son:

• A promoción dos dereitos do neno;
• o combate contra o racismo, a xenofobia e o anti-semitismo;
• a loita contra a homofobia (mellorar o entendemento e a tolerancia);
• a participación activa na vida democrática da Unión;
• a formación e o diálogo nas profesións legais e entre os profesionais;
• a proteción de datos e o dereito á privacidade.

Destinatarios

Organizacións non gubernamentais, institucións e organizacións públicas ou privadas, universidades, centros de investigación, autoridades nacionais e rexionais, e outras organizacións estabelecidas nun dos Estados membro da UE ou organizacións internacionais sen fins de lucro.

Financiamento

A financiación será de entre 100.000 e 1.000.000 EUR, constituíndo como máximo o 80% dos custes totais elixibles.

Orzamento total da convocatoria

19.395.000 EUR

Duración do proxecto

Entre 12 e 24 meses.

Data límite de solicitude

29/04/2010

Documentación

Contacto

Consultas relativas á convocatoria poden ser enviadas ao seguinte enderezo:

JLS-FRC-PROGRAMME@ec.europa.eu

Consultas relativas ao rexistro e o envío de solicitudes vía a plataforma PRIAMOS poden ser enviadas ao seguinte enderezo:

JLS-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu

Procuras de Socios

RITE 2020 Integración da poboación romaní en Europa

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante