Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa específico ”Dereitos Fundamentais e Cidadanía ” (2007-2013)

Convocatoria de propostas para subvencionar accións JUST/2013/FRC/AG Apoio a Proxectos Transnacionais.

Programa

VARIOS

Obxectivo específico da convocatoria

Os solicitantes deberán indicar no formulario de solicitude de subvención, a prioridade na que se enmarca a súa proposta. Os proxectos presentados deberán centrarse nestas prioridades. O grao de adecuación ás prioridades da convocatoria será avaliada baixo determinados criterios de relevancia especificados no texto da convocatoria. As propostas deberán complementar os esforzos da UE no ámbito dos dereitos fundamentais e centraranse nas prioridades anuais que se describen a continuación:

Os dereitos do neno; a información sobre onde se aplica a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE e onde acudir en caso de violación dos dereitos fundamentais; a loita contra as diferentes formas e manifestacións de racismo, xenofobia e homofobia; a loita contra a homofobia: mellora da comprensión e a tolerancia; a formación e a creación de redes entre os profesionais do dereito e xuristas; a toma de conciencia da cidadanía da Unión e dos dereitos que se lle atribúe, así como a identificación de obstáculos para o seu exercicio efectivo; a sensibilización e información sobre as normas da UE sobre a libre circulación, en particular a Directiva 2004/38/CE; facilitación do intercambio de coñecementos e o intercambio de mellores prácticas en materia de adquisición e perda da cidadanía da Unión; abordar o desequilibrio de xénero na participación nas eleccións ao Parlamento Europeo; a protección de datos e dereitos de privacidade.

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas ten como obxectivo cofinanciar proxectos transnacionais que se enmarquen nos obxectivos do Programa Dereitos Humanos e Cidadanía de 2013 e nas prioridades sinaladas na presente convocatoria.

Destinatarios

A convocatoria está dirixida a cidadáns da Unión Europea ou nacionais de terceiros países que residan legalmente no territorio da Unión Europea e a asociacións da sociedade civil, entre outros grupos activos na promoción dos obxectivos do programa. Poden ser beneficiarios da convocatoria as institucións e organizacións públicas ou privadas, universidades, institutos de investigación, organizacións no, autoridades nacionais, rexionais e locais, organizacións internacionais e outras organizacións sen ánimo de lucro establecidas na Unión Europea.

Financiamento

O financiamento da presente convocatoria proporciónase sobre a base do principio de cofinanciamento: a subvención non pode constituír máis do 80% dos custos totais subvencionables do proxecto. As organizacións executoras da acción deben garantir que o saldo pendente está cuberto a partir de fontes que non sexan o Presuposto da UE. O presuposto do proxecto debe ter ingresos e gastos equilibrados.

Orzamento total da convocatoria

10 900 000 EUR

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración inicial que non exceda de 24 meses.

Data de publicación

01/11/2013

Data límite de solicitude

12/03/2014

Documentación

Contacto

As preguntas relacionadas co rexistro e a solicitude via PRIAMOS débense enviar a:
HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu

As preguntas sobre a convocatoria débense enviar á seguinte dirección de correo electrónico indicando a referencia da convocatoria:
JUST-FRC-PROGRAMME@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Busca socios na área da protección de datos.

Comentarios

O programa e a convocatoria están dispoñibles nos seguintes enlaces:

http://ec.europa.eu/justice/grants/programmes/fundamental-citizenship/index_en.htm

http://ec.europa.eu/justice/newsroom/files/call_2013_frc_ag_en.pdf

Información relativa á presentación electrónica da proposta en PRIAMOS:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante