Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para o deseño, implementación, promoción e comercialización dos Itinerarios Turismo Accesible - Turismo

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Os obxectivos da convocatoria son:
- Fomentar a adaptación dos productos e servizos turísticos ás necesidades das persoas con necesidades especiais de acceso.
- Mellorar as habilidades e a formación con respecto á accesibilidade na cadea de suministro do turismo.
- Promover, comercializar e difundir as mellores prácticas en turismo accesible.
- Proporcionar apoio e orientación adecuada ás pemes.
- Mellorar a calidade e diversificar a oferta de experiencias de turismo accesible en Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria financiará propostas relacionadas co deseño, implementación, promoción e comercialización dos itinerarios turísticos accesibles. Os resultados das propuestas someteranse a unha avaliación final.

As propostas permitirán identificar ás empresas turísticas que xa prestan servizos accesibles de recoñecida calidade / excelencia aos visitantes con necesidades especiais de acceso. Na fase de deseño, estes servizos combínanse para ofrecer unha experiencia turística integral, que abrangue diferentes aspectos das viaxes (información, reservas, aloxamento, transporte local, restauración, lecer, visitas culturais, saídas á naturaleza, etc.)

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea, Espazo Económico Europeo (EEE) e países candidatos.

Destinatarios

Aberto para entidades públicas de todo tipo localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A máxima contribución da UE por cada proxecto está establecida en 125.000€

Orzamento total da convocatoria

A previsión global de financiamento dispoñible para a convocatoria de propostas é de 0,95 M€.

Data de publicación

26/08/2013

Data límite de solicitude

22/10/2013

Documentación

Contacto

Mail de contacto da convocatoria:
entr-cfp-13102-ACCESS-ROUTES@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Turismo accesible – Fundación Hegalak Zabalik

Turismo accesible – ITREMurcia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante