Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Apoio á mellora e promoción de produtos turísticos temáticos transnacionais sostibles - ENT/CIP/13/B/N03S04

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais da convocatoria son os seguintes:
1. Apoiar a mellora e promoción de produtos turísticos temáticos transnacionais sostibles que contribúan ao desenvolvemento e promoción do turismo sostible en Europa, mellorando a súa visibilidade e aceptación no mercado.
2. Contribuír á creación dun entorno favorable á cooperación transnacional entre os actores relacionados co turismo, cunha énfase particular nas pemes.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos son:
1. A cooperación transnacional co fortalecemento do turismo sostible;
2. O fomento dunha maior participación das pequenas e micro empresas e nas autoridades locales;
3. O estímulo da competitividade da industria turística a través dunha maior atención á diversificación de produtos temáticos de turismo sostible.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

Contribuirase a financiar entre 5 e 7 proxectos, cunha taxa máxima de cofinanciamento de 75% e un importe máximo de 250.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria oscilará entre 1 millón e 1,5 millones de euros.

Data de publicación

03/05/2013

Data límite de solicitude

03/07/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
Convocatoria nº 70/G/ENT/CIP/13/B/N03S04
E-mail: ENTR-CFP-13-70-THEMATIC-TOU@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Promover a paisaxe cultural e industrial enfocado á produción do sal

Comentarios

Un produto turístico temático transnacional supón un conxunto de destinos / atraccións / servizos turísticos que cumpra os tres requisitos seguintes:
1. Ser transnacional: desenvolverase en alomenos 4 países con 5 socios;
2. Ser temática: un produto turístico transnacional debe ser concibido, estruturado e desenvolvido arredor dun tema común;
3. Estar en funcionamiento: o obxectivo é apoiar a implantación nomercado dos produtos que xa teñan alcanzado unha etapa de desenvolvemento determinado.
Ademais, terá que presentar un elevado potencial para o desenvolvemento do turismo sostible.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante