Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-ICT PSP 2007-1 Programa específico de apoio ás políticas das tecnoloxías da información e a comunicación

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O programa específico de apoio á politica das tecnoloxías da información e a comunicación (ICT Policy Support Programme) dentro do Programa CIP ten por obxectivo:

  • Desenvolver un espazo único europeo de información e consolidar o mercado interior de produtos e servizos das TIC e de produtos e servizos baseados en tecnoloxías.
  • Fomentar a innovación mediante unha maior incorporación das TIC e máis investimentos nas mesmas.
  • Desenvolver unha sociedade da información inclusiva e uns servizos máis eficientes e efectivos en ámbitos de interese público, así como mellorar a calidade de vida.

Obxectivo específico da convocatoria

Tema 1- Servizos de administración electrónica eficientes e interoperables

  • Obxectivo 1.1 Facilitar a contratación pública electrónica en todo o territorio da UE.
  • Obxectivo 1.2 Cara un recoñecemento público europeo das ID electrónicas.
  • Obxectivo 1.3 Solucións innovadoras para mellorar a eficiencia e a accesibilidade da administración electrónica.
  • Obxectivo 1.4: Compartir experiencias e establecer consensos para a implantación de servizos innovadores de administración electrónica

Tema 2- As TIC e a accesibilidade, o envellecemento da poboación e a integración social
  • Obxectivo 2.1: Accesibilidade ás TIC para todos.
  • Obxectivo 2.2: as TIC aplicadas ao envellecemento da poboación.
  • Obxectivo 2.3: Compartir experiencias e establecer consensos para a utilización das TIC na inclusión.

Tema 3: Emprego das TIC para a consecución duns servizos de saúde sostibles e interoperables
  • Obxectivo 3.1: Posta en práctica en toda a UE de servizos de saúde en liña que permitan a continuidade no coidado das pacientes: historias médicas e receitas electrónicas.
  • Obxectivo 3.2: Compartir experiencias e establecer consensos no uso da e-saúde

Outros temas e accións horizontais
  • Obxectivo 4.1: Compartir experiencias sobre iniciativas TIC para pemes.
  • Obxectivo 4.2: Apoiar o crecemento sostíble.
  • Obxectivo 4.3: Coches intelixentes.
  • Obxectivo 4.4: infraestrutura para a protección da privacidade.

Eidos de actuación

Existen tres tipos de instrumentos de financiamento:

  • Accións Piloto A: destinadas a garantir a interoperabilidad e o acceso transfronteirizo aos servizos TIC que xa existen ou funcionan nos Estados membros, de forma que se evite a fragmentación do mercado de servizos e produtos innovadores. Non se financiará a implantación a nivel nacional dun servizo, senón só o acceso transfronteirizo. Os seus resultados deben consistir en solucións comúns de interoperabilidade que se difundan amplamente na UE. A convocatoria prevé cofinanciar unha única acción piloto A en cada un dos obxectivos seguintes: 1.1 (contratacións públicas electrónicas), 1.2 (ID electrónicas) e 3.1 (historias e receitas médicas en liña).
  • Accións Piloto B: apoian a posta en práctica por primeira vez de novas solucións baseadas nas TIC, tanto no sector privado como no público. Se cofinanciará unha ou máis acción piloto B en cada un destes obxectivos: 1.3 (administración electrónica), 2.1 (accesibilidade das TIC) e 2.2 (envellecemento da poboación). A innovación nestas accións é imprescindible, podendo consistir na utilización dun traballo completo de I+D, na extensión de prototipos xa ensaiados ou na integración de diferentes solucións parciais para a elaboración dun enfoque innovador.
  • Redes temáticas: conforman un foro onde todos os actores interesados poden intercambiar experiencias e desenvolver novas ferramentas para a posta en práctica de políticas de Sociedade da Información, como a preparación de futuras accións pilotos ou o desenvolvemento de estratexias conxuntas transfronteirizas. Os resultados das redes deben estar claramente definidos e ser medibles. Cofinanciarase o establecemento de redes baixo os obxectivos 1.4 (administración electrónica), 2.3 (inclusión), 3.2 (e-saúde) e todas as accións horizontais.

Destinatarios

  • Accións Piloto A: administracións nacionais ou centros competentes que actúen na súa representación (axencias, prestadores de servizos...). Esíxese a formación dun consorcio integrado por un mínimo de seis Estados membros. Adicionalmente, recoméndase que participen no consorcio pequenas e medianas empresas do sector, asociacións de usuarios e outras entidades concernidas distintas á administración nacional na medida e na maneira que esta o decida (mediante convocatorias, organización de actos... ). Baixo certas condicións, é posible engadir novos socios no transcurso deste proxecto piloto.
  • Accións Piloto B: esíxese a formación dun consorcio integrado por entidades legais dun mínimo de catro Estados membros. O consorcio debe implicar á cadea completa do servizo: administracións públicas, prestadores de servizos, empresas do sector e usuarios. Baixo certas condicións, é posible engadir novos socios ao longo do proxecto.
  • Redes temáticas: esíxese a formación de consorcios integrados por un mínimo de sete actores clave de sete Estados membros diferentes. As redes deben estar abertas.

Financiamento

  • Accións Piloto A: 50% dos custos para acadar a interoperabilidade. A contribución da Comisión dispoñible para cada unha das tres accións piloto oscila entre os 5 e os 10 millóns de euros.
  • Accións Piloto B: 50% dos custos elixibles (que inclúen gastos de persoal, desprazamentos e aloxamentos). A contribución da Comisión dispoñible para cada acción oscila entre os 2 e 3 millóns de euros.
  • Redes temáticas: a contribución da Comisión oscila entre os 300.000 e os 500.000 euros por rede, a través de pagamentos anuais a tanto alzado segundo un baremo establecido.

Orzamento total da convocatoria

54 millóns de euros

Duración do proxecto

  • Accións Piloto A: 36 meses, durante 12 dos cales, o servizo debe manterse a proba en condicións reais co obxectivo de demostrar a súa viabilidade técnica.
  • Accións Piloto B: entre 24 e 36, dos que en polo menos 12 meses o servizo piloto debe estar operativo.
  • Redes temáticas: entre 18 e 36 meses

Data límite de solicitude

23/10/2007

Documentación

Contacto

Secretaría ICT PSP
E-mail: infso-cip-ictpsp@ec.europa.eu
European Commission - Directorate-Xeral Information Society and Media
B-1049 Brussels
Belgium
Phone: +32 2 29 69076
Fax: +32 2 29 61740 (or +32 2 29 51071)

Non existe, polo momento, un punto nacional de contacto en España para esta convocatoria.


Procuras de Socios

ICT-PSP 2012. Capacitación das PYMEs

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante