Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria do Clúster EUREKA ACQUEAU

Programa

EUREKA

Obxectivo xeral

ACQUEAU é unha plataforma EUREKA para o financiamento e apoio de proxectos en tecnoloxías da auga co potencial de desenvolver innovacións de vangarda no sector.

Esta convocatoria consiste nun proceso de presentación e avaliación en dúas etapas. Ofrece a etiqueta EUREKA! e polo tanto facilita o acceso ao financiamento nacional (pero non o garante).

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria está aberta a calquera idea de proxecto no marco do ciclo da auga e o Libro Azul. As propostas deberán ter unha forte orientación cara ao mercado e a explotación.

Socios

Nas propostas deberán participar polo menos dous socios de dous países participantes diferentes.

Financiamento

A contribución dun país determinado non debe superar o 70% do presuposto total. Por outra parte, a contribución calquera dos socios (as organizacións afiliadas contan como un único socio) tampouco debe superar o 70% do total do presuposto.

Data de publicación

18/06/2014

Data límite de solicitude

19/11/2014

Documentación

Contacto

Contactos nacionais: Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)

Oscar Fernández Moyano
oscar.fernandez@cdti.es
Telf: +34 91 581 5607

Juana Sánchez Pérez
juana.sanchez@cdti.es
Telf: +34 91 581 5607

Procuras de Socios

Procura de socios de FIDESOL, centro español de apoio á innovación tecnolóxica, para desenvolver un sistema de información xeográfica e mellorar a xestión da auga nas explotacións agrícolas

FIDESOL, un centro español de apoio á innovación tecnolóxica, está á procura de pemes con experiencia en desenvolvemento, a manufacturación e/ou o marketing en sensores hidrométricos para deseñar un sistema de información xeográfica co fin de mellorar a xestión da auga nas explotacións agrícolas.

Comentarios

A proposta enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web xunto con todos os documentos requiridos (o proxecto completo e as cartas de compromiso):

http://www.acqueau.eu/submit/

Recoméndase contactar e iniciar negociacións coas autoridades nacionais de financiamento en paralelo ao proceso desta convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante