Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ICT-2013-11 - Convocatoria de Propostas - TIC (Convocatoria 11)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Convocatoria de Propostas 11 enmarcada no Tema Tecnoloxías da Información e a Comunicación, persegue os obxectivos xerais marcados polo Programa de Traballo revisado para o Tema TIC centrándose en mellorar a competitividade da industria europea e situar a Europa en condicións de dominar e conformar a evolución futura das TIC de maneira que se cumpran as demandas da súa sociedade e economía.

As actividades continuarán fortalecendo a base científica e tecnolóxica europea e garantirán o seu liderado mundial neste campo, axudarán a impulsar e estimular os produtos, servizos e procesos de innovación e creatividade a través do uso das TIC e da creación de valor en Europa, e garantirán tamén que os avances nestas tecnoloxías transfórmanse rapidamente en beneficios para os os cidadáns de Europa, as empresas, a industria e os gobernos.

Eidos de actuación

Challenge 1: Redes e infraestruturas de servizos omnipresentes e fiables
- ICT 2013.1.1 Redes futuras

Challenge 3: Camiños alternativos para Compoñentes e Sistemas
- ICT 2013.3.1 Nanoelectrónica
- ICT 2013.3.2 Fotónica

Challenge 4: Tecnoloxías para Contidos e Linguaxes Dixitais
- ICT 2013.4.2 Analíticas de datos escalables

Challenge 6: TIC para unha Economía con baixas emisións
- ICT 2013.6.1 Redes de enerxía intelixentes
- ICT 2013.6.3 TIC para a xestión de recursos relacionados coa auga

Challenge 8: TIC para a Aprendizaxe e o Acceso aos Recursos Culturais
- ICT 2013.8.2 Aprendizaxe potenciada pola tecnoloxía

Challenge 9: Tecnoloxías Futuras e Emerxentes
- ICT 2013.9.9 Iniciativas FET de carácter emblemático

Accións Horizontais
- ICT 2013.11.2 Solucións máis eficientes e alcanzables para a preservación dixital desenvolvida e validada contra as necesidades do sector público que se debe articular a través de contratación pública precomercial

Destinatarios

A convocatoria está aberta a todo tipo de entidades legalmente constituída nun dos países da UE ou outros participantes no Programa.

Socios

É necesario un mínimo de 3 socios de países distintos.

Financiamento

A contribución comunitaria varía entre 0,5 e2 millóns de euros por proxecto, cunha media de 1 millón de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 236,5 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar ata 3 anos.

Data de publicación

18/09/2012

Data límite de solicitude

16/04/2013

Documentación

Contacto

Para máis información envien un correo ao Coordinador Nacional do 7PM en España:
Juana Sánchez
http://www.cdti.es/pidi/
+34 902 34 74 34
CDTI
Cid, 4 28001 Madrid

Procuras de Socios

Procura de socios para a prioridade temática ”Tecnoloxías da Información e Comunicacions” (ICT), definida no Programa Específico ”Cooperación” do VII Programa Marco.

eNosco

Procura de socios para a formación de Consorcios orientados a proxectos na área das TICs.

O papel da rehabilitación cardiovascular no fogar de cara a prevención secundaria das enfermidades cardiovasculares.
Programa Marco para a Competitividade e a Innovación (CIP).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante