Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SME-2013 - Investigación en beneficio das pemes

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O réxime de financiamento «Investigación en beneficio de grupos específicos (en particular as Pemes)? apoia proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico onde o groso da investigación sexa para os investigadores en beneficio de grupos específicos, en especial as pequenas e medianas empresas (Pemes), grupos pequenos ou as asociacións. A investigación para as Pemes e as asociacións de Pemes ten como obxectivo concreto resolver os problemas comúns ás Pemes.

Eidos de actuación

Actividade: 2.1 Investigación para Pemes

Os proxectos poden incluír ata catro tipos diferentes de actividades das cales as actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e/ou demostración son obrigatorios. Incluiranse outras actividades que faciliten a asimilación dos resultados da Pemes, en particular a formación e difusión.

Actividade: 2.2 Investigación para Asociacións de Pemes (SME-AGs)

Os proxectos poden incluír ata catro tipos diferentes de actividades das cales as actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e/ou demostración son obrigatorios. Incluiranse outras actividades que faciliten a asimilación dos resultados da Pemes, en particular a formación e difusión.

Actividade: 2.3 Actividade de Demostración

Os proxectos de demostración poden consistir en ata tres tipos diferentes de actividades das que as actividades de demostración son obrigatorias. Incluiranse outras actividades que faciliten a asimilación dos resultados da Pemes, en particular a capacitación e difusión.

Actividade: 2.4 Coordinación e acción de apoio

Análise dos modelos e as metodoloxías actualmente dispoñibles como as entrevistas en directo, cara a cara, o apoio, asesoramento e orientación ás Pemes e as accións directas para probar e validar o escenario desenvolvido.

Destinatarios

Centros de investigación, universidades, entiades privadas, etc...

Socios

É necesario un consorcio de mínimo 3 socios, 2 dos cales de países distintos.

Financiamento

Para algunhas acitvidades a Comisión financia ata 750.000 euros por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 252,3 millóns de euros.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

15/11/2012

Documentación

Procuras de Socios

Tecnoloxía non- destrutiva aplicada á construción e servizos sociais

Determinar a duración sobre a resistencia das follas de corte, NorthRhine Westphalia, Alemaña

Asegurar a calidade e seguridade dos produtos nutracéuticos (suplementos dietéticos). A avaliación do seu impacto na saúde

Redes sociais para a optimización dos sistemas loxísticos e das pemes

Cosechamento de Biomasa, NorthRhine Westphalia, Alemaña

Determinación das Propiedades dos Productos Agrícolas, NorthRhine Westphalia, Alemaña

Simulación do Cosechamento e Procesos de Preparación da Comida, NorthRhine Westphalia, Alemania

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante