Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ERANET-2012-RTD. Convocatoria ERANET 2012

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A iniciativa ERA-Net xurde en 2002, como unha das actividades promocionadas e financiadas polo Sexto Programa Marco de IDT (área ”Apoio á coordinación de actividades”), para mellorar a coordinación de programas de investigación non comunitarios (nacionais e rexionais) e, en definitiva, para contribuir á creación do Espazo Europeo de Investigación. O Séptimo Programa Marco IDT (7PM) continúa apoiando e financiando a coordinación de programas europeos nacionais e rexionais a través do esquema ERA-Net e da nova iniciativa ERA-Net Plus.
ERA-Net consiste na creación de redes de organizacións nacionais e rexionais de toda Europa dedicadas ao financiamento de actividades, programas e iniciativas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a innovación (Ministerios, axencias de innovación, etc.).
O obxectivo de ERA-Net é a coordinación destes programas e iniciativas operando en distintos eidos e áreas da ciencia e a tecnoloxía, tanto en áreas temáticas concretas, como iniciativas de carácter horizontal.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta Convocatoria serán:

  • Aumentar a eficiencia dos recursos e loitar contra o cambio climático con solucións competitivas.
  • Fomentar a cooperación na investigación europea sobre a explotación sustentable dos recursos mariños.
  • Implementar a iniciativa da industria da enerxía solar.
  • Fomentar un transporte terrestre sustentable.
  • Facer fronte aos maiores desafíos no ámbito da saúde pública.
  • Optimizar as modalidades de implementación e os mecanismos de apoio.

Eidos de actuación

Os obxectivos previstos pretenden conseguirse a través de accións de coordinación e apoio entre as que se inclúen:

  • Produción e xestión sustentable dos recursos biolóxicos.
  • Integración das tecnoloxías para aplicacións industriais.
  • Ciencias naturais, biotecnoloxía e bioquímica para produtos e procesos sustentables non-alimentarios.
  • Transporte sustentable.
  • Investigación transnacional sobre as principais enfermidades infecciosas.
  • Estudos de modos de vida co obxectivo de reducir o consumo de drogas.
  • Apoio para o Programa de coordinación e cooperación no contexto do ERA.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluidas as pemes) que sexan propietarios/xestores de programas.

Socios

A solicitude para as accións de coordinación debe ser presentada por tres entidades legais independentes de tres Estados membros ou países participantes diferentes. Para as accións de apoio bastará cunha única entidade legal independente.

Financiamento

O financiamento aterase ao disposto no Programa de Traballo de Cooperación, tendo en conta que a porcentaxe máxima de financiamento oscilará entre un 50% e o 100% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 38.5 millóns de euros.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

28/02/2012

Documentación

Contacto

Almudena Carrero
Ministerio de Ciencia e Innovación
C/ Albacete, 5 - 2ª planta Este
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037984

Cecilia Hernández
CDTI
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-90 2 347 434

Procuras de Socios

ERA-Net Neuron Convocatoria 2012

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante