Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

COST. Redes de Cooperación Europea entre grupos de investigación.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

COST financia a posta en rede de actividades financiadas a nivel nacional, prestando apoio a reunións, conferencias, intercambios científicos de curta duración e actividades de promoción. A COST non financia a investigación como tal.

Obxectivo específico da convocatoria

Pretende desenvolver uns vínculos máis estreitos entre os investigadores eupeos para construir o Espacio Europeo de Investigación (EEI). Promove novas redes de inv estigación, con carácter innovador, interdisciplinario e xeral. As actividades COST son desenvolvidas por equipos de investigación que consoliden as bases da excelencia científica en Europa.

Eidos de actuación

Está organizada en 9 seccións temáticas diferentes:
1 ) Biomediciña e biociencia molecular
2) Ciencias e tecnoloxías químicas e moleculares
3) Ciencias da Terra e xestión medioambiental
4) Alimentación e agricultura
5) Bosques e os seus produtos e servizos
6) Cidadán, sociedade, cultura e saúde
7) Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC´s)
8) Ciencias de materiais, ciencias físicas e nanociencias
9) Transporte e desenvolvemento urbano.
Tamén se aceptar propostas interdisciplinares que non correspondan claramente a unha única sección temática.

Destinatarios

Investigadores dos Estados Membros da UE

Socios

As propostas deben integran a investigadores procedentes dun mínimo de 5 Estados Membros de COST.

Financiamento

Cubirá os gastos das actividades necesarias para a creación de redes, como encontros, viaxes, axudas de custos, conferencias, talleres, intercambios científicos de curta duración, publicacións e diseminación de actividades, así como apoio de organizadores locales.

Orzamento total da convocatoria

Ao redor de 100.000 euros anuais, por un período de 4 anos

Duración do proxecto

4 anos

Data de publicación

05/02/2011

Data límite de solicitude

25/03/2011

Documentación

Contacto

Ministerio de Educación e Ciencia
Oficina COST en España
Dr. Luis Delgado Martínez
R/ José Abascal, 4
28003-Madrid
Tel.: 915 948 608
Fax: 915 948 643
E-mail: luism.delgado@mec.es
Consello da UE
COST Secretariat
Rue de la Loi, 175
B-1048-Bruselas
Tel.: 32 2 281 68 96
E-mail: cost@consilium.europa.eu
E-mail: opencall@cost.eu

Procuras de Socios

Phycomorph

Comentarios

As propostas deben presentarse en liña a través do sitio web da Asociación COST.
A avaliación das propostas farase en dúas fases. As propostas preliminares ( máximo 1.500 palabras /3 páxinas) presentadas mediante a plantilla en liña deben ofrecer un breve resume da proposta e da súa pretendida repercusión. As propostas que non cumplan os criterios de subvencionalidade da COST ( por exemplo, que soliciten financiación para investigación ) quedarán excluidas.
Os correspondentes Comités temáticos avaliarán as propostas que poden optar á subvención (unhas 80 pasarán á segunda fase), de conformidade cos criterios publicados en www.cost.esf.org. As propostas completas serán examinadas detidamente por homólogos con arreglo aos criterios de avaliación. Normalmente, a decisión tómase nun prazo de 6 meses a partir da data límite de presentación e espérase que as Accións se inicien nun prazo de 3 meses.
A data para a presentación das propostas preliminares é o 25/03/2011, ás 17.00 horas de Bruselas. Aceptaránse ata 80 propostas completas para a selección final dun máximo de 30 novas Accións, en función do orzamento dispoñible. A convocatoria para a presentación de propostas completas farase a máis tardar o 13 de novembro de 2011 e o prazo de presentación das mesmas finalizará o 29 de xullo de 2011, está previsto que as decisións se tomen en decembro de 2011. A próxima data de presentación será, previsiblemente, o 30 de setembro de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante