Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fondo europeo para a integración de nacionais de terceiros países.-Convocatoria de propostas 2011: HOME/2011/CFP/EIFX/CA.

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA A INTEGRACIÓN DE NACIONAIS DE TERCEIROS PAÍSES

Obxectivo xeral

O Fondo para a integración de nacionais de terceiros países apoia os esforzos dos Estados membros para permitir que os nacionais de países non comunitarios cumpran os requisitos de residencia e para facilitar a súa integración nas sociedade europea.

Eidos de actuación

A presente convocatoria ten 5 prioridades:
1. Mellorar a percepción pública da migración e a diversidade.
2. Mellorar a xestión da diversidade nos barrios
3. Mellorar a participación dos inmigrantes en tódolos aspectos da vida en sociedade.
4. Mellorar as medidas de integración dirixidas a grupos de inmigrantes desfavorecidos.
5. Coordinar as actividades actuais de investigación no eido da migración e a integración, incluíndo o rol dos países de orixe no fomento da integración de nacionais de terceiros países.

Destinatarios

Administracións nacionais, rexionais e locais, ONGs, organismos públicos ou privados, departamentos de universidades, centros de investigación e organizacións internacionais.

Socios

Alomenos tres socios incluido o solicitante, que serán de alomenos tres Estados membros distintos, e estarán rexistrados nalgún dos 26 Estados membros participantes no Fondo Europeo para a Integración de nacionais de Terceiros Países (todos os Estados membros da UE agás Dinamarca).

Financiamento

A contribución financeira da UE non excederá do 90% do total dos custes elixibles da acción.
Para as propostas relativas ás prioridades 1-4, a cofinanciación da UE será dun mínimo de 400.000 EUR e un máximo de 1.000.000 EUR.
Para as propostas relativas á prioridade 5, a cofinanciación será como mínimo de 750.000 EUR e como máximo de 1.500.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

4.955.000 EUR

Duración do proxecto

Para as propostas sobre as prioridades 1-4, a duración inicial das accións propostas non poderá exceder de 18 meses.
Para as propostas relativas á prioridade 5, a duración inicial das accións propostas non poderá exceder de 24 meses.

Data de publicación

26/07/2011

Data límite de solicitude

11/10/2011

Documentación

Contacto

Email: HOME-INTEGRATION-FUND@ec.europa.eu
Email para cuestiones sobre el uso de PRIAMOS:HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu.

Procuras de Socios

INTERNETWORK.-España

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante