Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O programa ten como obxectivo a redución da pobreza nun contexto de desenvolvemento sostible, incluíndo a consecución dos Obxectivos do Milenio e outros obxectivos internacionalmente acordados.

Obxectivo específico da convocatoria

Trátase dun programa orientado aos actores, deseñado pra mellorar as capacidades das organizacións pertencentes á sociedade civil ou as autoridades locais por medio de apoio as súas iniciativas destinadas a lograr unha sociedade máis aberta e democrática.

Eidos de actuación

Os tres eidos principais de actuación do programa serían:
o Obxectivo 1: apoiar iniciativas de desenvolvemento implementadas por actores non estatais ou autoridades locais, en cooperación cas comunidades locais e os grupos de poboación máis vulnerables, pra promover unha sociedade máis forte e inclusiva nos países socios.
o Obxectivo 2: apoiar accións na UE e países candidatos pra fomentar o interese público en temas relacionados co desenvolvemento e promover a educación pra o desenvolvemento, mobilizar un maior apoio pra este tipo de accións contra a pobreza e promover relacións máis xustas entre os países do primeiro Mundo e os estados en vías de desenvolvemento.
o Obxectivo 3: apoio a accións pra lograr unha cooperación máis eficiente, fomentar sinerxías e fomentar o dialogo sobre temas relacionados co desenvolvemento, entre as redes da sociedade civil asociacións de autoridades locais na UE e nos países candidatos, en ambos os dous casos, a nivel interno, dentro das propias redes, e cas institucións da Unión.

Destinatarios

No caso dos proxectos do obxectivo 1, os destinatarios han de ser autoridades locais ou asociacións de autoridades locais dun estado membro da Unión ou dun dos países socios no cal o proxecto será levado a cabo. Pra os obxectivos 2 e 3, os destinatarios deben ser autoridades locais ou asociacións de autoridades locais dun estado pertencente á UE,

Socios

Debido á natureza do programa, traballar con socios en diferentes Estados é esencial pro éxito destes proxectos. Hai diferentes normas pra cada un dos obxectivos, no tocante ó primeiro, accións con países socios, as autoridades locais ou asociacións destas, deben colaborar con cando menos unha autoridade local, ou unha asociación de autoridades locais no país socio onde a acción se vai levar a cabo, tendo que partir destas últimas a iniciativa e estar involucradas en cada un dos pasos a dar pra implementar estes proxectos.
No caso dos obxectivos 2 e 3, pra accións en máis dun Estado membro, debe haber cando menos unha autoridade local ou asociación de autoridades locais en cada un dos países onde as accións se levan a cabo. Pra o obxectivo 2, pese a que as autoridades locais de países socios non poden ser candidatos e solicitar esta subvención si poden participar como socios. Tamén poden ser socios, actores non estatais e pra elo deben ser persoas xurídicas, sen ánimo de lucro, e pertencentes a un estado membro da UE ou a un estado socio no que a acción se leva a cabo.

Financiamento

En canto ós proxectos do obxectivo 1 a cantidade mínima da subvención é de 500000 € e a máxima é de 1500000 €, cun financiamento de até o 90% cando a organización sexa dun país socio ou dun 75% cando pertenza á UE.
No tocante ó obxectivo 2, a cantidade mínima da subvención é de 100000 € e a máxima de 1000000 €, podendo ser o proxecto financiado ate un 75% do custe, aínda que no caso dos 12 novos membros poden obter ate un 90% de financiamento.
Para o obxectivo 3, a cantidade mínima da subvención é de 100000 € e a máxima de 750000 €, e como no caso anterior sería financiado ate un 75% do custe, aínda que as organizacións dos 12 novos membros poderían recibir un financiamento do 90% do custe do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

Este programa está dotado con 27300000 euros.

Duración do proxecto

Para o obxectivo número 1 a duración ha de ser entre 24 e 60 meses e para os obxectivos 2 e 3 entre 12 e 36 meses.

Data límite de solicitude

25/02/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Procura de socios da municipalidade holandesa de Goes para o proxecto My Footprint Zero –D.E.A.R.- NSA

Comentarios

A partida orzamentaria do obxectivo 1 divídese da seguinte maneira entre os obxectivos e as rexións ás que se destinan os fondos:
• Obxectivo 1 - Accións con países asociados, 18900000 euros:-
- Países ACP e Cuba, 49%, 9261000
- Latinoamérica, 21%, 3969000
- Asia, 24%, 4536000
- Europa oriental, Asia central, Mediterráneo e Oriente Medio 6%, 1134000

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante