Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria permanente das distintas accións do Programa “Europa cos Cidadáns”

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Obxectivo xeral

  • Brindar aos cidadáns a oportunidade de interactuar e participar na construción dunha Europa cada vez máis próxima, que sexa democrática e aberta ao mundo, unida e enriquecida pola súa diversidade cultural, desenvolvendo así a cidadanía da Unión Europea;
  • Desenvolver un sentimento de identidade europea, baseada nuns valores, unha historia e unha cultura comúns;
  • Fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea entre os seus cidadáns;
  • Mellorar a tolerancia e a comprensión mutua entre os cidadáns europeos, respectando e fomentando a diversidade cultural e lingüística, e contribuíndo ao diálogo intercultural.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Reunir a persoas de municipios de toda Europa para compartir e intercambiar experiencias, opinións e valores, aprender da historia e construír o futuro
  • Promover a acción, o debate e a reflexión relacionados coa cidadanía e a democracia europeas, os valores compartidos e a historia e a cultura comúns mediante a cooperación dentro das organizacións da sociedade civil en Europa;
  • Achegar en maior medida Europa aos seus cidadáns, promovendo os valores e os logros europeus e conservando a memoria do seu pasado;
  • Impulsar a interacción entre os cidadáns e as organizacións da sociedade civil de todos os países participantes, contribuíndo ao diálogo intercultural e facendo fincapé na diversidade e a unidade europeas, así como prestando especial atención ás actividades destinadas a establecer lazos máis estreitos entre os cidadáns dos Estados.

Eidos de actuación

Das catro accións nas que se estrutura o programa, hai que ter en conta que cada unha delas establece uns prazos diferentes para a presentación de proxectos como si se tratase de catro convocatorias distintas:

Acción 1: Cidadáns activos con Europa

  • Medida 1

    1. Encontro de cidadáns no marco de irmandamento de cidades. Esta acción facilita os intercambios directos entre cidadáns europeos e o establecemento de redes de cooperación entre localidades. Fíxanse cinco convocatorias por ano que pechan catro meses antes do inicio das actividades previstas (1 de setembro, 1 de decembro, 1 de febreiro, 1 de abril e 1 de xuño).

    2. Creación de redes temáticas entre cidades irmandadas. O seu obxectivo é crear redes temáticas entre municipios en torno a temas de interese común para facilitar debates e o intercambio de boas prácticas. O prazo para presentar propostas de proxectos remata o 1 de decembro de cada ano.

  • Medida 2- Proxectos de cidadáns e medidas de apoio. Os proxectos deberán reunir a cidadáns de contornos diferentes que actuarán xuntos ou debaterán sobre cuestións europeas, a escala local e europea. Prazo para a presentación de solicitudes: 1 de xullo para os Proxectos de cidadáns e 31 de xullo para as Medidas de apoio.

Acción 2: Unha sociedade civil activa en europa

  1. Apoio a organizacións europeas de investigación sobre política pública e organizacións da sociedade civil a escala europea. Data límite de presentación: 17 de novembro de 2008.

  2. Axudas a proxectos comúns de organizacións da sociedade civil. Data límite de presentación: 15 de febreiro de cada ano.

Acción 3: Xuntos con Europa

Esta acción pretende profundar no concepto de «cidadanía europea activa» promover a súa comprensión en toda Europa, contribuíndo así a achegar Europa aos cidadáns. Esta acción será reservada exclusivamente e desenvolvida directamente pola dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.

Acción 4: Memoria histórica activa de Europa

Esta acción pretende achegar en maior medida Europa aos cidadáns, promovendo os valores e os logros europeus e conservando a memoria do seu pasado. Data límite de presentación: 30 de abril de 2008.

Destinatarios

O Programa está aberto a todos os interesados que promovan a cidadanía europea activa. Por exemplo: administración pública local , organizacións de investigación sobre política pública europea (foros de reflexión), grupos de cidadáns, organizacións da sociedade civil, organizacións non gobernamentais, sindicatos, institucións educativas, organizacións activas no ámbito do voluntariado, etc. As distintas accións do Programa diríxense a cidadáns «europeos», o que para os fins deste Programa inclúe a cidadáns dos Estados membros da UE, cidadáns doutros países participantes e residentes legais nos países participantes.

Financiamento

O importe máximo da subvención ascenderá a 20.000 euros por proxecto. A subvención mínima ascenderá a 2.000 euros por proxecto

Duración do proxecto

Depende da acción na que se encadre o proxecto

Data límite de solicitude

31/12/2013

Documentación

Contacto

As solicitudes poden:

  • presentarse utilizando o formulario de solicitude en liña (débese enviar así mesmo unha copia en papel, asinada, do seu formulario de solicitude, xunto con todos os anexos obrigatorios totalmente cumprimentados, á Axencia Executiva EAC, á dirección especificada na Guía do Programa Europa cos Cidadáns 2007-2013)
  • enviarse por correo ou por servizo de mensaxería ou directamente en man en:

EACEA
Unit P7 CitizenshipApplications – «Town Twinning Citizens´ Meetings»
Avenue du Bourget, 1 (BOUR 00/13) B-1140
Bruxelas, Bélgica

Punto de Información es España: Punto Europeo de Ciudadanía (PEC)
Secretaría General Técnica
Subdirección General de Cooperación Cultural con las CCAA
Ministerio de Cultura
Plaza del Rey, n. º 1
28004 MADRID
Telf.: 91 701 74 66
Fax: 91 701 72 19
Correo electrónico: pec.cultura@mcu.es

Procuras de Socios

Rede de cidades irmanadas.- Reino Unido

Europa coma un ecosistema. Programa ”Europa cos Cidadáns”

Medida 1.1 Programa Europa cos cidadáns – Municipalidade de Telve, Italia

Irmandamento de cidades co condado de Teleorman, Romanía.

Irmandamento de vilas con Vigolo Vattaro, Italia.

Arte á beira da auga

Voluntariado en Movemento (VIM)

Aprendendo facendo proxectos internacionais

Procura de socios para o proxecto “Connecting Europe” - Programa ”Europa cos cidadáns - Rede de cidades” 2014-2020

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante