Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Prevención e preparación en materia de protección civil e contaminación marina - Civil Protection 2013.

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

Apoiar os esforzos dos Estados membros para protexer principalmente ás persoas, ademais do medio ambiente e a propiedade, incluído o patrimonio cultural, no caso dos desastres naturais e provocados polo home. Tamén ten como obxectivo fomentar unha maior cooperación entre os Estados membros en materia de protección civil e contaminación mariña.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria de 2013 para propostas de proxectos en materia de protección civil ten dúas seccións separadas: os proxectos de prevención e os proxectos de preparación.
a) Proxectos de prevención: proxectos que desenvolvan novos enfoques de prevención, avaliación e/ou mellora dos existentes; proxectos destinados a analizar, desenvolver ou implementar enfoques innovadores, técnicas e ferramentas para vincular sistemáticamente as medidas de prevención e preparación ás necesidades de resposta; proxectos co obxectivo de identificar as mellores prácticas; etc.
b) Proxectos de preparación: entre os tipos de actividades que poden ser financiadas pola presente convocatoria atópanse proxectos e exercicios de pequena escala destinados a melloras concretas complementarias e á innovación. Os resultados concretos poden incluir, por exemplo, o deseño da xunta de desenvolvemento e aplicación de actividades innovadoras para a protección civil e a contaminación mariña, incluídos os procedementos, técnicas, ferramentas, planos, etc.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos: entidades públicas de todo tipo e empresas.

Financiamento

A metade do orzamento da convocatoria destinarase aos proxectos de prevención e a outra metade aos proxectos de preparación (2,1 M€ cada sección). A financiación por proxecto cubrirá un máximno do 75% dos custos totais elixibles e non superará os 500.000€.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento orientativo de 4,2 M€.

Data de publicación

12/02/2013

Data límite de solicitude

12/04/2013

Documentación

Contacto

E-mail ECHO (Oficina Europea de Ayuda Humanitaria): ECHO-A5@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Concellos europeos na xestión das catástrofes (DiMED).
Prevención e preparación en materia de protección civil e contaminación mariña.
Civil Protection 2013

Procura de socio para proxectos de prevención e preparación en materia de protección civil e contaminación mariña.
Instrumento de Financiación da Protección Civil. Departamento de Axuda Humanitaria e Protección Civil da Comisión Europea (ECHO)

Procura de socios para proxectos de prevención e preparación en materia de protección civil e contaminación mariña.
Civil Protection 2013

Comentarios

Data límite para consultas sobre a convocatoria na páxina de ECHO: 31/03/2013.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante