Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Asociacións europeas no eido do deporte - EAC/S03/13

Programa

CULTURA

Obxectivo xeral

Organizar futuras accións da UE neste campo, sobre a base do capítulo «Deporte» da proposta de Programa de educación, formación, xuventude e deporte da Unión para 2014-2020 «Erasmus para todos», en función das prioridades establecidas no Libro Branco de 2007 sobre o deporte e a Comunicación de 2011 sobre o desenvolvemento da dimensión europea no deporte.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas está dirixida a apoiar proxectos transnacionais presentados para identificar e probar redes axeitadas e boas prácticas no eido do deporte nas seguintes áreas:
- Reforzo da boa gobernanza e das carrerias duais no deporte, por medio do apoio á mobilidade dos voluntarios, os adestradores, os dirixentes e o persoal das organizacións depor¬tivas sen ánimo de lucro.
- Protección dos deportistas, e en especial dos máis cativos, contra os riscos para a súa saúde e seguridade a través da mellora das condiciones de adestramento e de competición.
- Promoción dos xogos e deportes tradicionais europeos.

Eidos de actuación

Deportes.

Destinatarios

Entidades públicas e ONG con personalidade xurídica, que teñan a súa sede nun Estado membro da UE.

Socios

Cada proxecto debe contar con socios de polo menos cinco Estados membros da UE diferentes.

Financiamento

A UE cofinanciará como máximo un 80 % dos custes totais admisibles.

Orzamento total da convocatoria

2.650.000€

Duración do proxecto

As accións deberán comezar entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2014, e rematar antes do 30 de xuño de 2015.

Data de publicación

26/04/2013

Data límite de solicitude

19/07/2013

Documentación

Contacto

eac-info@ec.europa.eu

Procuras de Socios

European Medieval Sports & Games Network (Ga.M.E.S.Net)

Active CoachMark

Programa ARISTO - Health & Training Standards for Young Athletes

An early start on dual careers

Forcoop Cora _Sport

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante