Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP
O obxectivo desta convocatoria de propostas é acelerar a adopción de deseño de políticas de innovación a nivel europeo, nacional e rexional, e promover un maior uso do deseño na industria europea, así como no sector público para promover a creación de valor, a competitividade e o uso eficiente dos recursos. En particular, ponse énfase na redución da brecha entre as rexións avanzadas e as máis rezagadas na aplicación da innovación impulsada polo deseño.
Os solicitantes están invitados a deseñar unha estrutura de proxecto que abranga os eidos dos paquetes de traballo que se mencionan a continuación. A plataforma baseada na web mencionada no segundo paquete de traballo considérase crucial para a entrega exitosa deste proxecto.
1) Paquete de traballo na promoción da innovación impulsada polo deseño;
2) Paquete de traballo sobre a plataforma de información e web;
3) Paquete de traballo no apoio á mellora das capacidades de deseño nas empresas;
4) Paquete de traballo no apoio ás capacidades do deseño no sector público.
As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico seguinte: Unión Europea, Espazo Económico Europeo, países candidatos, terceiros países.
Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.
O proxecto seleccionado percibirá o importe total da convocatoria, sendo a porcentaxe máxima de cofinanciamento do 75%.
A previsión de financiamento comunitario dispoñible é de 2,85 millóns de euros.
24/04/2013
02/07/2013
Comisión Europea – Dirección Xeral de Empresa e Industria
Direción B: Crecemento Sostible e UE 2020
Unidade B3 - Política de Innovación para o Crecmento
E-mail: ENTR-CFP-CIP-13-C-N05S00@ec.europa.eu