Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatorias de Propostas - Acción 4.6 — Sistemas de apoio á xuventude — Asociacións - EACEA/06/13

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Apoiar as asociacións con organismos públicos rexionais ou locais e outras partes interesadas no eido da xuventude a escala europea, co fin de desenvolver a longo prazo proxectos que combinen diversas medidas do programa «A xuventude en acción»

Obxectivo específico da convocatoria

Promover a participación de organismos públicos rexionais ou locais e outras partes interesadas activas a escala europea no eido da xuventude e da educación non formal.

Apoiar as súas accións de desenvolvemento de capacidades como entes activos no eido da xuventude, proporcionando oportunidades de educación non formal a mozos e traballadores do sector da xuventude.

Fomentar o desenvolvemento de redes sostibles, o intercambio de boas prácticas, e o recoñecemento da educación non formal.

Eidos de actuación

Xuventude e educación non formal

Destinatarios

Organismos públicos de ámbito rexional ou local,
Asociacións ou redes de organismos de ámbito rexional ou local,
Agrupacións europeas de cooperación territorial,
Entidades sen ánimo de lucro activas a escala europea no eido da xuventude (ONG) que teñan organizacións membros en polo menos 8 países do programa «A xuventude en acción»,
Fundacións activas a escala comunitaria no eido da xuventude,
Empresas e outras entidades con ánimo de lucro activas no eido da responsabilidade social corporativa en favor da xuventude.

Financiamento

A axuda financeira non excederá o 50 % do total dos custes elixibles dun proxecto.

Orzamento total da convocatoria

2.500.000€

Duración do proxecto

Comezo entre o 1 de marzo e o 1 de setembro de 2014, cunha duración máxima de 2 anos.

Data de publicación

28/05/2013

Data límite de solicitude

05/09/2013

Documentación

Contacto

Axencia Nacional Española
C/ José Ortega y Gasset, 71
E - 28.006 Madrid
Tél.: +34-91-782.78.23
Fax: +34-91-782.76.39
Páxina web: www.juventudenaccion.injuve.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante