Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/26/12 - Acción 4.1 Apoio a organismos activos a nivel europeo no ámbito da mocidade

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

O obxecto desta convocatoria é proporcionar apoio estrutural, denominado «subvención de funciona­amento», a organismos activos en Europa no ámbito da mocidade, e que teñan un obxectivo de interese xeral europeo. Así mesmo, o obxectivo é asistir a organismos que, mediante as súas actividades permanentes, habituais e periódicas, contribúan á consecución dos obxectivos do programa «A Mocidade en Acción». Estas actividades deben contribuír a animar aos mozos a participar como cidadáns na vida pública, na sociedade e no desenvolvemento e aplicación das accións de cooperación europeas no ámbito da mocidade no seu sentido amplo.

Eidos de actuación

As organizacións deberán incluír no seu programa anual unha serie de actividades que cumpran cos principios básicos da acción da Unión Europea no ámbito da mocidade.
As actividades que poden contribuír a fortalecer e mellorar a eficacia da acción da Unión Europea son as seguintes:
Grupo 1: representación das opinións e intereses da mocidade de Europa na súa diversidade,
Grupo 2: intercambios de mozos e servizos voluntarios,
Grupo 3: aprendizaxes e programas de actividades non formais e informais destinados aos mozos,
Grupo 4: fomento da aprendizaxe e da comprensión interculturais,
Grupo 5: debates sobre asuntos europeos, políticas da Unión ou políticas que afectan á mocidade,
Grupo 6: divulgación de información sobre a acción da Unión Europea,
Grupo 7: accións para fomentar a participación e a iniciativa dos mozos.

Destinatarios

Os principais destinatarios da presente convocatoria son as organizacións xuvenís establecidas nun dos estados membros 8 ou países participantes no Programa), pero tamén calquera tipo de ente público.

Financiamento

A cofinanciación será dun máximo de 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 800.000 euros.

Data de publicación

08/09/2012

Data límite de solicitude

15/11/2012

Contacto

ESPAÑA
Agencia Nacional Española
C/ José Ortega y Gasset, 71
E - 28.006 Madrid
Tél.: +34-91-363.76.06/+34-91-363.77.40
Fax: +34-91-363.76.49
Website: www.juventudenaccion.injuve.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante