Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 20/07 Acción 4.1 Apoio a organismos activos en Europa no ámbito da xuventude

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Promover a cidadanía activa entre os mozos, especialmente, a cidadanía europea; potenciar a solidariedade e promover a tolerancia dos mozos, favorecer o entendemento mutuo entre mozos de países diferentes, mellorar a calidade dos sistemas de apoio; reforzar a capacidade das organizacións que traballan no eido da xuventude e favorecer, de maneira xeral, a cooperación europea no eido da xuventude.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar as actividades permanentes de organismos activos a escala europea que persigan obxectivos de interese xeral para Europa.

Eidos de actuación

As organizacións participantes deberán perseguir os seguintes obxectivos:

  • Grupo 1: representación dos intereses da mocidade a nivel europeo.
  • Grupo 2: intercambios e voluntariado.
  • Grupo 3: actividades e programas de aprendizaxe formais e informais dirixidos á mocidade.
  • Grupo 4: promover a aprendizaxe e o entendemento intercultural.
  • Grupo 5: promover o debate sobre problemáticas e políticas da EU, incluíndo a de xuventude.
  • Grupo 6: información sobre a acción comunitaria.
  • Grupo 7: accións que promovan a participación e a iniciativa dos mozos europeos.

Destinatarios

Organizacións non gobernamentais e sen ánimo de lucro cuxas actividades estean en parte destinadas á mocidade ou cuxo obxectivo sexa implicar á mocidade na xestión de actividades desenvolvidas no seu favor.

Financiamento

Financiarase até un 80% dos custes elixibles. A subvención máxima será de 40.000€ no caso dos convenios-marco de asociación e de 35.000€ no caso dos convenios de financiamento anuais.

Orzamento total da convocatoria

2.400.000€

Duración do proxecto

Propóñense dous tipos de convenios:

  1. Convenio-marco de asociación, dunha duración de tres anos e cuxos beneficiarios deben estar activos en polo menos 12 dos países participantes no programa.
  2. Convenio de funcionamento anual para aquelas organizacións que estean activas en oito dos países participantes no programa.

Data límite de solicitude

31/10/2007

Documentación

Contacto

EACEA - Unit P6 Youth
Avenue du Bourget, 1 (BOUR 00/13)
B-1140 Bruxelas - Bélxica


Don Bruno Breviglieri
E-mail: bruno.breviglieri@ec.europa.eu
Tel.: +32 2 295 25 84

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante