Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/19/12 - Convocatoria de Propostas - Sub-acción 4.4: Proxectos destinados a fomentar a innovación e a calidade

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

A presente convocatoria está destinada a apoiar proxectos que teñen como obxectivo a introdución, aplicación e promoción de elementos innovadores e cualitativos na educación non formal e o traballo no ámbito da mocidade.

Estes elementos innovadores poden referirse a.
- o contido e os obxectivos, en coherencia co desenvolvemento do marco europeo de cooperación no ámbito da mocidade e coas prioridades do programa «A mocidade en acción»,
- e/ou a metodoloxía aplicada para achegar ideas e enfoques novos no ámbito da educación formal e non formal e a mocidade.

Eidos de actuación

Terán preferencia os proxectos que mellor reflictan as seguintes prioridades:
1. Prioridades permanentes do programa «A mocidade en acción»:
- participación dos mozos,
- diversidade cultural,
- cidadanía europea,
- inclusión dos mozos máis desfavorecidos.

2. Prioridades anuais do programa «A mocidade en acción»:
- desemprego xuvenil, pobreza e marxinación,
- espírito de iniciativa, creatividade e espírito empresarial, - empleabilidad,
- deportes básicos e actividades ao aire libre,
- retos ambientais mundiais e cambio climático.

Os proxectos incluirán actividades sen ánimo de lucro e pertencerán ao ámbito da mocidade e a educación non formal.

Destinatarios

Presentarán as propostas organizacións sen ánimo de lucro ou redes activas no ámbito da mocidade.
Estas organizacións ou redes poden ser:
- organizacións non gobernamentais da mocidade,
- organismos públicos de ámbito rexional ou local.
Esta condición aplícase tanto ás organizacións solicitantes como ás asociadas.
As organizacións solicitantes, na data límite establecida para presentar a súa proposta, deben levar legalmente rexistradas un mínimo de dous (2) anos nalgún dos países do programa.

Financiamento

A axuda financeira da Axencia non poderá exceder o 70 % do total dos custos elexibles dun proxecto.
A subvención máxima total non pode exceder de 100 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria é de 1,5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deben comezar entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril 2013. Terán unha duración mínima de 12 meses e máxima de 18 meses.

Data de publicación

27/06/2012

Data límite de solicitude

03/09/2012

Documentación

Contacto

Para obter máis información envien un correo a:
eacea-p6@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante