Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/15/12 «Sistemas de apoio á mocidade». Apoio á mobilidade de quen traballa no eido da mocidade.

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

A finalidade desta convocatoria de propostas é de apoiar a mobilidade e os intercambios de quen traballa no eido da mocidade para promover a adquisición de novas capacidades e competencias co fin de enriquecer o seu perfil como profesionais nese eido.

Obxectivo específico da convocatoria

Os seus obxectivos son os seguintes:
— Dar a quen traballa no eido da mocidade a oportunidade de experimentar unha realidade de traballo diferente noutro país:
— mellorar a comprensión da dimensión europea do traballo con mozos,
— mellorar as competencias profesionais, interculturais e lingüísticas de quen traballa con mozos,
— promover o intercambio de experiencias e enfoques do traballo con mozos e da ensinanza no formal en Europa,
— contribuír ao desenvolvemento de alianzas máis sólidas e de mellor calidade entre as organizacións xuvenís en toda Europa, e
— reforzar a calidade e a función do traballo con mozos en Europa.

Destinatarios

— organizacións non gobernamentais (ONG),
— entidades activas a escala europea no eido da mocidade (ONGE) que teñan organizacións membros en polo menos oito (8) países do programa «A mocidade en acción»,
— organismos públicos de ámbito rexional ou local.


Socios

Os proxectos deben basearse nunha sólida alianza entre dous (2) socios de dous (2) países diferentes do programa, dos cales polo menos un (1) pertenza a un Estado membro da UE, que actúen respectivamente como organización de orixe e de acollida dos participantes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado ao co- financiamento dos proxectos no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 1.000.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración máxima de 12 meses

Data de publicación

15/05/2012

Data límite de solicitude

03/09/2012

Documentación

Contacto

Agencia Nacional Española del Programa Juventud en Acción
c/ José Ortega y Gasset 71
E – 28006 Madrid
Tel: +34-91-363.76.06 Fax: +34-91-363.76.49
E-mail: juventudenaccion@injuve.es Website: www.juventudenaccion.injuve.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante