Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Resolución de 10 de xaneiro do 2012, do Instituto da Xuventude pola que se convoca a concesión de axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no eixo do programa de acción comunitario «A Xuventude en acción».

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

a) Promover a cidadanía activa entre os mozos, en especial a cidadanía europea.
b) Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
c) Favorecer o entendemento mutuo entre os mozos.
d) Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozos e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no eido da mocidade.
e) Favorecer a cooperación europea no eido da mocidade.

Obxectivo específico da convocatoria

Proxectos que traten do tema do desemprego xuvenil, como proxectos destinados a fomentar a mobilidade dos mozos desempregados.
Proxectos que abranguen o tema da pobreza e a marxinación, en particular sobre a inclusión dos mozos inmigrantes, mozos con discapacidade, e no seu caso mozos xitanos.
Proxectos que estimulen o espírito de iniciativa dos mozos, a súa creatividade, espírito empresarial e empregabilidade, en particular mediante iniciativas dos mozos.
Proxectos que promovan a práctica de actividades ao aire libre e o deporte de base como un medio para promover sitios de vida saudables e fomentar a inclusión social e a participación activa dos mozos na sociedade.
Proxectos destinados a sensibilizar aos mozos na loita contra os problemas ambientais mundiais e o cambio climático.

Eidos de actuación

Diferentes accións que teñen por obxecto aos mozos/as:
A acción 1, primará os proxectos de Iniciativas Xuvenís Transnacionais, como os proxectos que fomenten a empregabilidade dos mozos. Está composta das seguintes sub- accións:
- Acción 1.1: Intercambios da mocidade.
- Acción 1.2: Iniciativas da mocidade.
- Acción 1.3: Proxectos de democracia participativa.
A acción 2: Servizo Voluntario Europeo, ten por obxecto propiciar a participación dun elevado número de voluntarios/as, e darase prioridade a proxectos cuxas actividades teñan unha duración igual ou inferior a 9 meses.
A acción 3: Cooperación con Países Veciños (sueste de Europa, Europa oriental e o Cáucaso e países socios mediterráneos). Darase prioridade aos intercambios de mozos e proxectos de formación e de conexión en rede.
A acción 4: Formación e Proxectos en Rede. Darase prioridade ao proxectos que presenten unha boa estratexia de Difusión e Explotación de Resultados, visibilidade e efecto multiplicador. Darase prioridade dentro das actividades formativas e seminarios aos que prevexan a realización de manuais, textos ou outras ferramentas formativas.
A acción 5: Encontros de mozos e responsables de políticas de mocidade. Dará prioridade aos Seminarios Transnacionais de Mozos. Así mesmo darase prioridade a aquelas solicitudes cuxos obxectivos e actividades se enmarquen dentro da Semana Europea da Mocidade.

Destinatarios

As entidades e organizacións de carácter non gobernamental como as persoas físicas representantes dun grupo de mozos non asociados.

Socios

No eido das iniciativas nacionais, cómpre que residan o estean constituídos legalmente en España. Porén, no eido das iniciativas transnacionais, cómpre a asociación de polo menos dous grupos asociados de diferentes países.
No tocante aos intercambios de mozos con países veciños, un ou máis dos grupos asociados deben proceder dun país asociado veciño. E nos Proxectos de Formación e Redes con Países Socios Veciños os proxectos teñen que reunir polo menos a dous promotores de países socios veciños e a dous promotores de países do programa.

Financiamento

Taxa de cofinanciación 50%.

O orzamento previsto para a acción 1.1 (intercambios da mocidade) é de 2.010.418,00 €.
O ornamento previsto para a acción 1.2 (iniciativas da mocidade) é de 756.270,00 €.
O orzamento previsto para a acción 1.3 (Proxectos de democracia participativa) é 460.064,00 €.
O ornamento previsto para a acción 2.1 (Servizo Voluntario Europeo) é de 2.430.089,00 €.
O orzamento previsto para a acción 3.1 (Cooperación con Países Veciños) é de 539.599,00 €.
O orzamento previsto para a acción 4.3 (Formación e Proxectos en Rede) é de 472.905,00 €.
O orzamento previsto para a acción 5.1 (Encontros de mozos e responsables de políticas de mocidade) é de 398.869,00 €.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 7.068.204 millóns de euros.

Duración do proxecto

A acción 1.1: a duración máxima prevista é de 15 meses.
A acción 1.2, 1.3 e 4: a duración prevista é de entre 3 e 18 meses.
A acción 2: a duración máxima prevista é de 24 meses.
A acción 5: a duración prevista é de entre 3 e 9 meses

Data límite de solicitude

01/10/2012

Documentación

Contacto

Comisión Europea DG Educación y Cultura (DG EAC)
Unidad Juventud
Rue Van Maerlant 2
B-1049 - Bruselas
Tel.: 32 2 299 11 11
youth@ec.europa.eu


Instituto de la Juventud Agencia nacional del programa La juventud en acción
Esther Artal García y Manuel Ruiz
C/ José Ortega y Gasset, 71
28006 - Madrid
Tel.: 913 637 740
juventudenaccion@migualdad.es

Agencia Nacional Española Instituto de la Juventud
Servicio Voluntario Europeo
C/ José Ortega y Gasset, 71
28006 - Madrid
Tel.: 913 637 665


Comentarios

Para proxectos que comezan entre o 1 de maio e o 31 de outubro do 2012 a data límite é o 1 de febreiro.
Para proxectos que comezan entre o 1 de agosto de 2012 e o 31 de xaneiro do 2013 a data límite é o 1 de maio.
Para proxectos que comezan entre o 1 de xaneiro e o 31 de xuño do 2013 a data límite é o 1 de outubro do 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante