Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/28/11: Acción 4.1: Apoio a organismos activos a nivel europeo no eido ámbito da xuventude.

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Proporcionar apoio estrutural, denominado «subvención de funcionamento», a organismos activos en Europa no eido da xuventude, e que teñan un obxectivo de interese xeral europeo.
Preténdese asistir a organismos que, mediante as súas actividades permanentes, habituais e periódicas, contribúan á consecución dos obxectivos do programa «Xuventude en Acción».
Estas actividades deben contribuir a animar aos mozos a participar como cidadáns na vida pública, na sociedade e no desenvolvemento e aplicación das accións de cooperación europeas no eido da xuventude no seu sentido amplo.

Obxectivo específico da convocatoria

Selección de organizacións para a suscrición de convenios relativos a subvencións de funcionamento anual que comprendan o exercizo orzamentario do 2012. Non atañen ás organizacións que teñan suscrito un acordo marco de asociación coa Axencia Executiva para o período 2011-2013.

Eidos de actuación

As actividades que poden contribuir a fortalecer e mellorar a eficacia da acción da Unión Europea son as seguintes:

Grupo 1: representación das opinións e intereses da xuventude de Europa na diversidade.

Grupo 2: intercambios de mozos e servizos voluntarios.

Grupo 3: aprendizaxes e programas de actividades non formais e informais destinados aos mozos.

Grupo 4: fomento da aprendizaxe e da comprensión interculturais.

Grupo 5: debates sobre asuntos europeos, políticas da Unión ou políticas que afectan á xuventude.

Grupo 6: divulgación de información sobre a acción da Unión Europea.

Grupo 7: accións para fomentar a participación e a iniciativa dos mozos.

Destinatarios

1) Organizacións non gubernamentais europeas:
a) organizacións europeas «paraugas» con filiais en alomenos 8 países elixibles;
b) redes europeas de carácter formal que teñan organizacións membro formalmente constituidas en alomenos 8 países elixibles.

2) Redes europeas informales compostas de organizacións independentes entre sí e con actividade en alomenos 8 países elixibles.

O organismo candidato deberá satisfacer as exixencias seguintes:
— non tener ánimo de lucro,
— ser de carácter non gubernamental,
— ter estado legalmente rexistrado durante alomenos 1 ano nun país elixible na data da presentación das solicitudes,
— ser unha organización xuvenil ou un organismo con obxectivos máis amplos, pero cuxas actividades estén en parte destinadas aos mozos,
— implicar aos mozos na xestión de actividades desenroladas ó seu favor,
— que alomenos un dos membros do seu personal sexa permanente (remunerado ou non). Concederanse excepcións a aqueles organismos que nunca se beneficiaran de subvencións en concepto de esta acción e teñan previsto empregar a unha persoa con carácter permanente no caso de que se lle conceda a subvención.

Estes organismos para ser elixibles deberán estar emprazados nun dos países seguintes:
— Estados membros da Unión Europea,
— países membros da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC): Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza,
— países candidatos á adhesión á Unión Europea beneficiarios dunha estratexia de preadhesión: Croacia e Turquía,
— países dos Balcáns occidentais: Albania, Bosnia e Herzegovina, a antiga República Yugoslava de Macedonia, Kosovo, Montenegro e Serbia,
— os seguintes países de Europa oriental: Belarús, Moldova, Federación Rusa e Ucrania.

Financiamento

A contribución financeira da UE será como máximo do 80 % dos gastos elixibles.
O importe máximo da subvención comunitaria por organismo será de 35. 000 EUR para un convenio anual.

Orzamento total da convocatoria

800.000 EUR

Data de publicación

13/09/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva para la Educación, el Sector Audiovisual y la Cultura
Youth Unit (P6) — Grant application — Action 4.1 — 2012
BOUR 4/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante