Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/13/11. Sistemas de apoio á xuventude - Asociacións

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo específico da convocatoria

Coa presente convocatoria de propostas preténdese apoiar as asociacións con rexións, municipios, axentes da sociedade civil e organismos activos no ámbito da responsabilidade social corporativa, co fin de desenvolver a longo prazo proxectos que combinen diversas medidas do programa Xuventude en acción.

Este mecanismo ten por obxectivo o fomento das sinerxías e a cooperación entre a Comisión Europea (a través da Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural), e os diversos axentes que traballan no ámbito da mocidade, mediante a posta en común de recursos e prácticas con vistas á optimización do efecto do programa e á extensión do seu alcance a un maior número de beneficiarios.

Eidos de actuación

Os proxectos incluirán actividades sen ánimo de lucro e pertencerán ao eido da xuventude e a educación non formal. As actividades seguintes son elexibles na presente convocatoria:

  • intercambios xuvenís transnacionais,

  • iniciativas xuvenís nacionais ou transnacionais,

  • Servizo Voluntario Europeo,

  • formación e establecemento de redes.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por organismos públicos de ámbito rexional ou local, entidades sen ánimo de lucro activas a escala europea no ámbito da mocidade (ONGE) que teñan organizacións membros en polo menos 8 países do programa Xuventude en Acción,empresas e outras entidades con ánimo de lucro activas no ámbito da responsabilidade social corporativa a favor da mocidade.

Socios

O programa de actividade pode ser executado directamente polo propio solicitante ou executado en cooperativa con «socios coorganizadores» que participen activamente no deseño e a execución do proxecto e designados polo solicitante no momento de presentar a solicitude.

Financiamento

A subvención máxima asignada a cada proxecto non excederá de 100 000 euros. A axuda financeira da Axencia non se outorgará para cubrir máis do 50 % dos gastos subvencionables totais dun proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria será de 2.300.000 euros.

Duración do proxecto

O programa de actividades deberá comezar entre o 1 de marzo de 2012 e o 1 de setembro de 2012, e poderá ter unha duración máxima de 2 anos (24 meses).

Data de publicación

27/07/2011

Data límite de solicitude

03/11/2011

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva en el ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
Programa «Juventud en Acción» — EACEA/13/11
BOUR 4/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Procuras de Socios

A Asociación ”Les Doigts Qui Rêvent”

Comentarios

As solicitudes de subvencións deberán presentarse no formulario destinado específicamente a este fin e conter tódolos anexos e información precisos.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante