Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/17/11.-Sub-acción 4.3 — «Sistemas de apoio á xuventude».-
Mellorar a mobilidade dos traballadores xuvenís con fins de formación e o apoio que estos ofrecen aos mozos desempregados.

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Apoiar a mobilidade e os intercambios dos traballadores xuvenís para que estos poidan mellorar a adquisición de novas capacidades e competencias que enriquezcan o seu perfil como profesionais que traballan no eido da xuventude, fortalecer as capacidades das estruturas que participen no proxecto e potenciar a creación de redes entre estruturas adicadas á xuventude.
Asimesmo contribuirá a fomentar a elaboración de planteamentos ou métodos innovadores a través dos que os traballadores xuvenís poderán axudar aos mozos desempregados a adquirir os coñecementos, as competencias e a confianza necesarios para acceder ao mercado laboral.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Brindar aos traballadores xuvenís a oportunidade de experimentar unha realidade laboral diferente noutro país.
2. Mellorar a comprensión da dimensión europea do traballo con mozos.
3. Mellorar as competencias profesionais, interculturais e lingüísticas dos traballadores xuvenís.
4. Promover o intercambio de experiencias e enfoques do traballo con mozos e da ensinanza non formal en Europa.
5. Contribuir ao desenvolvemento de alianzas máis sólidas e de mellor calidade entre as organizacións xuvenís en toda Europa.
6. Reforzar a calidade e a función do traballo con mozos en Europa.

Eidos de actuación

1. Participación dos mozos.
2. Diversidade cultural.
3. Cidadanía europea.
4. Inclusión dos mozos con menos oportunidades.
5. Desempleo xuvenil ( terán preferencia os proxectos que reflexen esta prioridade)

Destinatarios

Tanto os solicitantes como os asociados deberán ser organizacións sen ánimo de lucro, podendo tratarse de:
- ONG
- entidades activas a escala europea no eido da xuventude que teñan organizacións membros en polo menos 8 países do programa ”A Xuventude en Acción”
- organismos públicos de carácter rexional ou local.
Estas organizacións deben levar legalmente rexistradas un mínimo de 2 anos nalgún dos países do programa.

Socios

Exixirase a alianza entre 2 socios de 2 países do programa, dos cales polo menos un debe ser un Estado membro da UE, que actúen respectivamente como organización de envío e de acollida dos traballadores xuvenís que participen no proxecto.

Financiamento

O importe máximo da subvención non excederá de 25.000 EUR

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 EUR

Duración do proxecto

Os proxectos deben comezar entre o 1 de xaneiro e o 1 de xuño de 2012, e terán unha duración máxima de 12 meses.
A actividade de mobilidade terá unha duración de 2 a 6 meses.

Data de publicación

07/06/2011

Data límite de solicitude

01/09/2011

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
Programa «La juventud en Acción» — EACEA/17/11
BOUR 4/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante