Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 08/07 Acción 1 - Proxectos piloto de redes temáticas

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Promover a participación dos mozos na vida política e civil, especialmente no proceso de construcción europea, e promover o contacto e a mobilidade de mozos europeos, así como incentivar a inclusión da xuventude.

Obxectivo específico da convocatoria

A creación ou o fortalecemento de redes temáticas de proxectos de intercambio de mozos, de apoio ás iniciativas da mocidade e de proxectos de democracia no contexto dos Programas ”Xuventude” e ”Xuventude en acción”.

Eidos de actuación

Os proxectos deberán traballar nuha das seguintes liñas temáticas do Programa:


  • Cidadanía europea
  • Participación da mocidade
  • Diversidade cultural
  • Integración de mozos con menores oportunidades


Os proxectos de redes serán financiados se cumplen cos seguintes obxectivos:

  • Establecer vínculos entre proxectos que aborden unha mesma temática
  • Por en común experiencias nun campo específico
  • Incrementar os vínculos entre intercambios, iniciativas da mocidade proxectos de democracia
  • Valorar, explotar e difundir os resultados dos proxectos.

Destinatarios

Organización sen ánimo de lucro ou entidades públicas locais, rexionais ou nacionais. Os consorcios deberán estar compostos por entidades procedentes de dez países diferentes polo menos. Todos os participantes do proxecto deberán ter participado, ou estar a piques de facelo, no programa ”Xuventude en Acción” ou no programa ”Xuventude”.

Financiamento

Financiarase hata un 65% dos custes elixibles do proxecto. A subvención máxima será de 100.000 €.

Orzamento total da convocatoria

Un millón de euros.

Duración do proxecto

A duración mínima dos proxectos será de seis meses, a máxima de un ano. As actividades deberán inicarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2008.

Data límite de solicitude

01/09/2007

Contacto

EACEA - Unit P6 Youth
Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Youth in Action Programme - EACEA 08/2007
Avenue du Bourget, 1 (BOUR, 1/55)
B-1140 Brussels
Bélxica
Fax:+32 2 296 23 89
Persoa responsable do Programa: philippe.cova@ec.europa.eu”>Philippe Cova

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante