Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/09/11: Acción 3.2.- A xuventude no mundo: Cooperación con países non veciños da Unión Europea.

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Apoiar proxectos que promovan a cooperación no eido da xuventude entre os países participantes no programa «Xuventude en acción» e os países socios que non son veciños da Unión Europea (aqueles que teñan suscrito coa Unión Europea un acordo no eido da xuventude).

Obxectivo específico da convocatoria

No contexto do Ano da Xuventude UE-China 2011, prestarase especial atención aos proxectos orientados a promover o diálogo, o intercambio e a cooperación no eido da xuventude entre a UE e China. Estes proxectos contribuirán claramente a acadar os obxectivos do Ano da Xuventude UE- China, tal como se especifican no Plan Anual de Acción Conxunto, adoptado o 6 de outubro de 2010.
As demais prioridades anuais da convocatoria son:
— o Ano Europeo do Voluntariado;
— o crecemento incluínte e, en particular, o desemprego xuvenil,
— a loita contra a pobreza e a marxinación,
— os retos medioambientais mundiais e o cambio climático.

Eidos de actuación

Entre as actividades subvencionables no marco da presente convocatoria poderán incluirse, entre outras, as seguintes:
— actos, seminarios e conferencias a gran escala relacionados coa xuventude,
— actividades que promovan o desenvolvemento de redes e asociacións,
— actividades que fomenten o diálogo en relación coas políticas no ámbito da xuventude,
— campañas de información e sensibilización a favor dos xóvenes e desenvolvidas por éstes,
— formación e potenciación das capacidades dos animadores xuvenís, organizacións xuvenís e multiplicadores,
— visitas de observación de actividades profesionais e mobilidade a longo prazo de animadores xuvenís

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por organizacións sen ánimo de lucro, que poderán ser:
— organizacións non gubernamentais (ONG),
— organismos públicos de ámbito rexional ou local,
— Consellos da Xuventude nacionais.
O mesmo pode decirse das organizacións asociadas.
Os solicitantes, na data límite establecida para presentar a sua proposta, deben levar legalmente rexistrados un mínimo de dous anos nalgún dos «Países do Programa».

Financiamento

O límite máximo fixado para o cofinanciamento comunitario establécese no 80 % dos gastos totais elixibles do proxecto, cun importe máximo da subvención de 100.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado para o cofinanciamento de proxectos selecionados no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 3.000.000 EUR.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán comezar entre os días 1 de setembro e 31 de decembro de 2011, cunha duración mínima de 6 meses e máxima de 12.

Data de publicación

05/03/2011

Data límite de solicitude

06/05/2011

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva en el ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
Programa «Juventud en Acción» — EACEA/09/11
BOUR 4/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante