Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/15/10 Sistemas de Apoio á mocidade - Apoio a mobilidade e aos intercambios dos traballadores xuvenís.

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Apoiar a mobilidade e os intercambios dos traballadores xuvenís, co obxecto de promover a adquisición de novas capacidades e competencias que enriquezan o seu perfil como profesionais no ámbito da xuventude e os axuden a adaptarse mellor ao cambio nas súas necesidades. Contribuirá así mesmo ao recoñecemento e a profesionalización do seu labor como ferramenta transversal no terreo da formulación de políticas europeas.

Obxectivo específico da convocatoria

— brindar aos traballadores xuvenís a oportunidade de experimentar unha realidade laboral diferente noutro país;
— mellorar a comprensión da dimensión europea do traballo xuvenil;
— mellorar as competencias profesionais, interculturais e lingüísticas dos traballadores xuvenís;
— promover o intercambio de experiencias e enfoques de traballo no ámbito da xuventude e da educación non formal en Europa;
— contribuír ao desenvolvemento de asociacións máis sólidas e de mellor calidade entre as organizacións xuvenís de toda Europa; e
— reforzar a calidade e a función do traballo no ámbito da mocidade en Europa.

Eidos de actuación

Este financiamento ten por obxecto subvencionar proxectos que mellor reflictan as prioridades permanentes do programa “Xuventude en acción”, a saber:

— a participación da mocidade;
— diversidade cultural;
— cidadanía europea;
— inclusión dos mozos con menos oportunidades.

Terán preferencia así mesmo ós proxectos que reflictan as seguintes prioridades anuais:

— Ano Europeo da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social;
— desemprego xuvenil e promoción da participación activa dos mozos desempregados na sociedade;
— sensibilización e mobilización dos mozos fronte aos problemas mundiais (como o desenvolvemento sostible, o cambio climático, as migracións ou os Obxectivos do Milenio).

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro. Entre as que se atopan:
— organizacións non gobernamentais (ONG);
— entidades activas a nivel europeo no ámbito da xuventude (ONG) que teñan organizacións membro en alomenos oito (8) países do programa «A Xuventude en acción»;
— organismos públicos rexionais e locais.

Ademais, os candidatos deberán estar establecidos nun dos 27 países da Unión Europea ou dos países do EEE, engadindo Turquía.

Financiamento

O importe máximo da subvención concedida será de 25000 euros. A subvención concedida financiará a mobilidade individual dun máximo de dous traballadores xuvenís. A Axencia resérvase o dereito a non asignar todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado ao cofinanciamento dos proxectos ascende a 600.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán iniciaranse entre os días 1 de marzo e 30 de xuño de 2011, cunha duración máxima de 12 meses.

A actividade terá unha duración mínima de 2 meses e máxima de 6.

Data de publicación

15/06/2010

Data límite de solicitude

22/10/2010

Documentación

Contacto

Bruxelas
Agencia Ejecutiva en el ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
Programa «La juventud en acción» — EACEA/15/10
BOUR 4/029
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIËES

Comentarios

Os participantes serán profesionais do traballo xuvenil. A convocatoria diríxese tanto a empregados asalariados como a voluntarios de organizacións non gobernamentais ou entidades públicas locais ou rexionais activas no ámbito da xuventude. Non existe límite de idade para os participantes.

Esta convocatoria non se dirixe aos voluntarios mozos que traballan ocasionalmente nunha organización xuvenil ou nun organismo público. Requírese un mínimo de dous anos de experiencia profesional pertinente e documentada no ámbito do traballo xuvenil

As candidaturas deberán enviarse ao enderezo facilitado máis abaixo, antes do 22 de outubro de 2010.

Non se aceptarán as solicitudes enviadas por fax ou por correo electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante