Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas — EACEA/16/10 Programa «Xuventude en Acción» Acción 4.6 — Asociacións

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo específico da convocatoria

O propósito principal desta convocatoria é apoiar ás asociacións entre a Comisión Europea—a través da Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural—e aquelas rexións, municipios ou ONG europeas que desexen desenvolver ou reforzar as súas accións, estratexias e programas a longo prazo no ámbito da aprendizaxe non formal e a mocidade.

Eidos de actuación

Esta convocatoria de propostas aspira a apoiar o desenvolvemento de asociacións, en particular con organismos rexionais ou locais, para:
-fomentar a súa participación nas actividades relativas á mocidade europea e a educación non formal,
-apoiar as súas accións de desenvolvemento de capacidades como entes activos no ámbito da mocidade, proporcionando oportunidades de educación non formal aos mozos e traballadores do sector da mocidade,
-fomentar o desenvolvemento de redes sostibles, o intercambio de boas prácticas así como o recoñecemento da educación non formal.

Darase preferencia aos proxectos que mellor reflictan as prioridades permanentes do Programa «Xuventude en Acción», a saber: a participación dos mozos, a diversidade cultural, a cidadanía europea, a inclusión dos mozos con menos oportunidades.
A presente convocatoria de propostas apoiará o desenvolvemento dun programa de actividade que combine unha ou máis das seguintes actividades, inspirándose no Programa «Xuventude en Acción»:
-intercambios xuvenís transnacionais,
-iniciativas xuvenís nacionais ou transnacionais,
-servizo voluntario europeo,
-formación e proxectos en rede.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por:
-organismos públicos locais ou rexionais, ou
-unha entidade sen ánimo de lucro activa a escala europea no ámbito da mocidade que teña organizacións membros en polo menos oito países do Programa «Xuventude en Acción».

Financiamento

50% dos gastos totais elixibles do proxecto e cun importe de subvención máximo de 100 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado á cofinanciación dos proxectos no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 1 200 000 EUR.

Duración do proxecto

O programa de actividades debe comezar entre o 1 de abril e o 1 de setembro de 2011 e pode ter unha duración de 2 anos (24 meses).

Data de publicación

24/06/2010

Data límite de solicitude

08/10/2010

Documentación

Contacto

Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
Programa «Xuventude en Acción» — EACEA/16/10
BOUR 4/029
Avenue du Bourget 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
youthcallforproposals@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante