Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria da propostas 2010 - Xuventude no mundo: Cooperación con países socios non veciños da Unión Europea- EACEA/11/10

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Apoiar proxectos que promovan a cooperación no ámbito da mocidade entre países europeos e terceiros países non veciños da Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos desta convocatoria de propostas son os seguintes:

- Mellorar a mobilidade dos mozos e das persoas que traballan con eles.
- Promover a capacitación e a participación activa dos mozos.
- Fomentar o desenvolvemento de capacidades das organizacións e estruturas xuvenís a fin de contribuír ao desenvolvemento da sociedade civil.
- Promover a cooperación e o intercambio de experiencias e boas prácticas no ámbito da mocidade e da educación non formal.
- Contribuír ao desenvolvemento das políticas de mocidade, o traballo no sector da mocidade e do voluntariado.
- Desenvolver colaboracións e redes duradeiras entre as organizacións de mozos.

Eidos de actuación

Terán preferencia os proxectos que mellor reflictan as prioridades permanentes do programa «Xuventude en acción», a saber:
-participación dos mozos,
-diversidade cultural,
-cidadanía europea,
-inclusión dos mozos máis desfavorecidos.

Terán preferencia así mesmo os proxectos que reflictan as seguintes prioridades anuais da convocatoria:
-problemas mundiais que afecten aos mozos, como o cambio climático, o desenvolvemento sostible, as migracións e os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio,
-a loita contra a pobreza e a exclusión social,
-fortalecer o diálogo, o intercambio e a cooperación entre Europa e África no ámbito da mocidade

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro, ben sexan organizacións non gobernamentais (ONG) ou organismos públicos de ámbito rexional ou local, consellos da xuventude nacionais, as organizacións asociadas.

Socios

Os solicitantes, na data límite establecida para presentar a súa proposta, deben levar legalmente rexistrados un mínimo de dous anos nalgún dos «Países do Programa». Nos proxectos deberán participar organizacións de polo menos catro países diferentes (contando a organización solicitante), incluíndo polo menos dous «Países do Programa», dos cales polo menos un ha de ser un Estado membro da Unión Europea, e dous «Países Asociados».

Financiamento

A axuda financeira da Axencia non excederá do 80 % do total dos custos elixibles dun proxecto. A subvención máxima non excederá 100 000 EUR. A Axencia resérvase o dereito a non asignar todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado para a cofinanciación de proxectos seleccionados no marco da presente convocatoria de propostas estímase en 2 600 000 EUR.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán comezar entre os días 1 de novembro e 31 de decembro de 2010. Terán unha duración mínima de 6 meses e unha duración máxima de 12 meses.

Data de publicación

16/03/2010

Data límite de solicitude

17/05/2010

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
‘Youth in Action’ Programme – EACEA/11/10
BOUR 4/029
Avenue du Bourget, 1
BE-1140 BRUSSELS

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante