Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 07/07 Acción 4.4 - Proxectos que estimulen a innovación e a calidade no ámbito da Xuventude

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Obxectivo xeral

Promover a participación dos mozos na vida política e civil, incluíndo a construcción europea, promover o contacto e a mobilidade de mozos europeos, e incentivar a inclusión da xuventude.


Obxectivo específico da convocatoria


Soster proxectos que pretenden adoptar, poñer en marcha e fomentar enfoques innovadores e de calidade nos ámbitos da educación non formal para mozos do traballo coa xuventude.


Eidos de actuación


Os proxectos terán que ter como obxectivo apoiar a integración dos mozos con menos oportunidades que vivan en zonas suburbanas europeas e orientadas a fomentar a participación de mozos, a diversidade cultural, a cidadanía europea e a inclusión social. Ha de terse en conta que o ano 2007 é o a Ano Europeo de Igualdade de Oportunidades. Os proxectos deberán contar con catro socios de catro países diferentes polo menos.


Financiamento


Financiarase ata un 65% dos custes elixibles do proxecto. A axuda non poderá exceder os 100.000 € por ano e en ningún caso será superior a 200.000 €.


Orzamento total da convocatoria


600.000 €


Duración do proxecto


O proxecto deberá comezar entre o 1 de decembro de 2007 e o 31 de xaneiro de 2008. Terán unha duración de mínima de 12 meses e unha máxima de 24.


Destinatarios


Organización e asociacións sen ánimo de lucro así como administracións locais, rexionais ou nacionais, i. e. as persoas físicas non son elixibles.


Data límite de solicitude


30 de xuño de 2007


Documentación


Convocatoria, DOUE C41/18 do 24 de febreiro de 2007.
Páxina web da convocatoria.

Contacto


Axencia Executiva da Comisióin Europea para a Educación, a Cultura e Audiovisuais (EACEA) - Unit P6 Youth
Philippe COVA: philippe.cova@ec.europa.eu
Education Audiovisual & Culture Executive Agency
Avenue du Bourget 1
BOUR
BE-1140 Bruxelles, Bélxica


Data límite de solicitude

30/06/2007

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante